01/11/2026
🏘| 𝐌𝐚𝐧𝐢𝐟𝐞𝐬𝐭𝐨 𝐌𝐢𝐧̃𝐨𝐫 𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞 𝐫𝐞𝐜𝐥𝐚𝐦𝐚𝐫 𝐚𝐨 𝐠𝐨𝐛𝐞𝐫𝐧𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐦𝐨𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐯𝐢𝐯𝐞𝐧𝐝𝐚 𝐩𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚 𝐞𝐧 𝐆𝐨𝐧𝐝𝐨𝐦𝐚𝐫 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐦𝐞𝐜𝐚𝐧𝐢𝐬𝐦𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐛𝐚𝐭𝐞𝐫 𝐨 𝐢𝐧𝐜𝐫𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐳𝐨𝐬 𝐧𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐚𝐧𝐭𝐞 𝐨 𝐚𝐯𝐚𝐧𝐜𝐞 𝐝𝐨𝐬 𝐚𝐥𝐮𝐠𝐮𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐭𝐮𝐫𝐢́𝐬𝐭𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐞 𝐨 𝐚𝐛𝐮𝐬𝐨 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐮𝐥𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨
Está claro que a vivenda é a grande demanda da sociedade actual, pero ollo, falamos de vivendas con prezos asumibles e fóra do circuíto especulativo. As consecuencias xa as estamos a padecer como sociedade, sobre todo nos ámbitos máis urbanos ou interurbanos, pola imposibilidade do acceso a unha vivenda digna de amplos sectores da sociedade, principalmente a mocidade que ve imposible independizarse, ou das persoas máis vulnerables.
Gondomar non pode quedar atrás, malia a falta de compromiso do goberno municipal e de todos os grupos da oposición que non apoiaron a proposta que Manifesto Miñor presentou en febreiro. Por iso, insistimos:
✅ Cómpre poñer a disposición da Xunta de Galicia terreos da Casa Peralba para promoción de vivenda pública.
✅ É posible mercar a parte do edificio da “Fabrica de Piña” que leva anos abandonada e que daría como resultado un número importante de vivendas públicas.
🫵
Gondomar, 29 de outubro de 2026.- Xa en febreiro de 2026, cando presentamos unha moción no Pleno de Gondomar reclamando a promoción de vivenda pública nos terreos de Casa Peralba, xa eramos conscientes de que estabamos diante dun problema real para a nosa veciñanza. Actualmente, xa ninguén cues...