02/11/2026
🔥 REÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR PERMISOS DE QUEIMA EN GALICIA
📅 Desde hoxe, 2 de novembro de 2026, a Xunta de Galicia volve permitir a tramitación de comunicacións e autorizacións para realizar queimas agrícolas e forestais.
✅ QUEIMAS AGRÍCOLAS
É obrigatorio realizar unha comunicación previa cun mínimo de 2 días de antelación.
As queimas comunicadas hoxe poderán realizarse a partir do mércores 4 de novembro.
✅ QUEIMAS FORESTAIS
Para queimar restos forestais amoreados é necesario solicitar e obter a correspondente autorización administrativa.
📞 COMO SOLICITAR O PERMISO?
Chamando ó 0️⃣1️⃣2️⃣ en días laborables.
A través da web: https://queimasweb.xunta.gal/
⚠️ IMPORTANTE:
Non se poden realizar queimas en días de vento ou condicións meteorolóxicas desfavorables.
As comunicacións e autorizacións perderán a súa validez cando as condicións de risco así o determinen.
Nunca abandones unha queima ata comprobar que o lume está completamente apagado.
Respecta sempre as medidas de seguridade establecidas.
🚒 Lembra: o lume pode propagarse rapidamente. A prevención e a responsabilidade son fundamentais para evitar incendios.
☎️ Ante calquera emerxencia, chama ao 1️⃣1️⃣2️⃣
Formulario para hacer una comunicacion de queima a traves de la web de la CMR