10/09/2026
Xa temos o noso Proxecto Educativo e o Plan de Convivencia renovados! 🏫✨
O pasado 30 de xuño, o Consello Escolar aprobou definitivamente esta actualización, un paso necesario para poñer ao día a nosa folla de ruta tras todos estes anos de andaina.
Con este cambio o centro adquire un novo pulo para seguir construíndo a escola que queremos, ofrecendo garantías a un proxecto pedagóxico adaptado á realidade actual dos nosos nenos, das nosas nenas e da comunidade escolar que conformamos.
Podedes consultar todos os detalles na nosa web:
🔗 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmeanhoascovas/node/339
Grazas, coma sempre, a toda a comunidade educativa 💙
(Imaxe: Vari Caramés)