05/11/2026
🚨 RESCATADO UN VECIÑO DE MEAÑO NO HUMIDAL DE NOALLA
🚒 Un amplo dispositivo de busca e rescate permitiu localizar e rescatar un veciño de Meaño que se atopaba nunha zona de difícil acceso no humidal de Noalla, nas proximidades da autovía.
🚁 No operativo participaron a Policía Local, Emerxencias Sanxenxo, a Garda Civil e os Bombeiros do Salnés. Durante a busca empregáronse dous drons equipados con cámaras térmicas para facilitar a localización do home.
✅ O rescate finalizou con éxito. O home, que presentaba síntomas de hipotermia, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Montecelo. No momento do traslado atopábase consciente e orientado.
👏 Grazas a todos os efectivos participantes polo seu traballo e coordinación.