15/10/2026
CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS 📚🌎
📣 MODIFÍCANSE AS DATAS DE REALIZACIÓN DO CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA É A CULTURA GALEGAS
➡️ A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, en colaboración co Concello de Mondoñedo, vai realizar no mes de novembro un curso dirixido a persoas maiores de 16 anos interesadas na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial
📌Trátase dun curso presencial, de 20 horas, co que se pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade, dirixíndose particularmente aos novos galegos e galegas provenientes do exterior
📓 Contidos:
• Nocións básicas de lingua galega (vocabulario, expresión oral e escrita)
• Cultura e historia de Galicia (festas, tradicións, gastronomía, música, historia...)
• Recursos prácticos para a comunicación no día a día
✏️ Para máis información e inscricións acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo e no 📞teléfono 982 524 003-ext 8 Ver menos