Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga - CEIDA

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga - CEIDA O Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga é a biblioteca especializada en educación amb

«Unha tarde que espertou o sentido de ser e estar na natureza» 🍂Así describía unha das persoas participantes o encontro ...
10/11/2026

«Unha tarde que espertou o sentido de ser e estar na natureza» 🍂

Así describía unha das persoas participantes o encontro que compartimos a semana pasada na Biblioteca Verde do CEIDA. E que ben resume o que vivimos!

No marco da Bienal Lucky Books, reunímonos arredor de algo que nos conecta profundamente: a literatura de natureza e a nosa relación co mundo natural.

Comezamos cunha aproximación a este xénero, descubrindo algunhas das obras máis representativas, e explorando as emocións que se recollen entre as súas páxinas.

Falamos dos vínculos entre literatura e natureza, de como os libros poden transformar a nosa maneira de mirar, de sentir e de relacionarnos co que nos rodea.

Na segunda parte as palabras saíron das páxinas para ser compartidas en voz alta. Creamos un espazo de escoita e complicidade no que cada lectura foi sumando emocións, resonancias e novas maneiras de mirar aquilo que nos une á natureza.

Non podemos estar máis agradecidas por esta tarde tan bonita, na que as palabras e as lecturas removeron moitas cousas, fixeron aflorar emocións e nos permitiron compartir, sentir e emocionarnos xuntas 💚

Esta semana comezamos con recomendación dobre grazas as nosas usuarias. 📖 'Agricultura regenerativa. El porqué, el cómo ...
09/11/2026

Esta semana comezamos con recomendación dobre grazas as nosas usuarias.

📖 'Agricultura regenerativa. El porqué, el cómo y el qué' de editorial Mundi-Prensa.
Un manual moi práctico para demostrar que devolverlle a vida aos solos esgotados con técnicas reais é vital para a Terra.

📖 'Abejas salvajes de Europa: biología, dinámica de hábitats y peligros' de Ediciones Omega.
Un libro que ábrenos os ollos sobre a incrible diversidade de abellas salvaxes que hai máis alá do mel. Unha lectura fascinante para descubrir a súa bioloxía, os perigos que sofren e por que os seus hábitats son clave para o noso equilibrio.

Dúas lecturas que poderedes atopar nos estantes da nosa Biblioteca Verde. Moitas grazas Sara e Belén!

🌿 A NATUREZA TAMÉN SE ESCRIBEPode un bosque converterse en literatura? E unha paisaxe espertar emocións que só atopan ex...
02/11/2026

🌿 A NATUREZA TAMÉN SE ESCRIBE

Pode un bosque converterse en literatura? E unha paisaxe espertar emocións que só atopan expresión a través das palabras?

No encontro deste xoves achegarémonos ao nature writing, un xénero literario que nos convida a mirar, observar e sentir o mundo natural desde outra perspectiva.

Desde a contemplación ata o sentimento de pertenza, a fascinación pola beleza ou a dor pola perda, exploraremos as diferentes emocións que nos unen á natureza e que a literatura é capaz de expresar.

Unha oportunidade para iniciciarse neste xénero e coñecer algunhas das súas obras máis representativas.

📚 Literatura, natureza e emocións
📅 5 de novembro | 19.00 h
📍 Biblioteca Verde do CEIDA, Pazo de Lóngora (Oleiros).

E lembrade que tras a charla, as persoas participantes teredes a oportunidade de compartir e ler e voz alta esas lecturas sobre a natureza coas que gardades unha relación especial.

🔗 Inscricións: www.ceida.org

Xa están aquí as novidades da Biblioteca Verde! 📚 Este mes de outubro viaxa polos bosques, ríos e paisaxes máis salvaxes...
30/10/2026

Xa están aquí as novidades da Biblioteca Verde! 📚

Este mes de outubro viaxa polos bosques, ríos e paisaxes máis salvaxes sen saír de casa coas nosas últimas incorporacións: novela e narrativa ambiental, ensaio divulgativo, albums ilustrados para os máis peques (e non tan peques) e recursos electrónicos sempre dispoñibles.

👉 Se aínda non coñeces como funciona o noso servizo de préstamo e consulta de recursos, tes toda a información detallada na nosa web:
https://www.ceida.org/gl/biblioteca-e-documentacion/o-centro-de-documentacion

Agardámoste nestas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora! 🌳💚

🎨 Novembro vaise encher de cor na Biblioteca Verde!Comezamos os obradoiros de acuarela naturalista, unha nova proposta p...
29/10/2026

🎨 Novembro vaise encher de cor na Biblioteca Verde!

Comezamos os obradoiros de acuarela naturalista, unha nova proposta para achegarnos á natureza a través da observación, o debuxo e a pintura. Un espazo para descubrir as cores, as formas e os pequenos detalles da biodiversidade cunha ollada artística.

Da man da acuarelista e ilustradora Alo (Alicia Pacheco), gozaremos de dúas sesións mensuais para explorar a acuarela e deixar voar a creatividade.

As prazas xa están cubertas para o mes novembro!
Grazas a todas as persoas interesadas nesta nova proposta.

💚  ONDE O CORAZÓN FLORECE: LITERATURA, NATUREZA E EMOCIÓNSQue libros marcaron a nosa maneira de sentir e comprender a na...
28/10/2026

💚 ONDE O CORAZÓN FLORECE: LITERATURA, NATUREZA E EMOCIÓNS

Que libros marcaron a nosa maneira de sentir e comprender a natureza? Que emocións espertan en nós as lecturas sobre o mundo natural?

Convidámosvos á Biblioteca Verde a participar nesta actividade arredor da literatura de natureza, un espazo para descubrir libros, compartir experiencias lectoras e explorar os vínculos afectivos que establecemos coa natureza a través das palabras.

A actividade terá dúas partes:

🌿 Unha charla introdutoria sobre a literatura de natureza, na que faremos un percorrido por este xénero literario para descubrir como diferentes obras expresan a nosa relación co mundo natural e como apelan ás nosas emocións. Coñeceremos algunhas das súas obras e autores/as máis representativas.

📚 Un espazo de lectura e experiencia compartida, no que as persoas participantes poderán presentar libros sobre a natureza que deixaron pegada nas súas vidas e, se lles apetece, ler algún fragmento que as emocionase, acompañase ou despertase a súa curiosidade polo mundo natural.

Unha oportunidade para escoitar, ler e compartir esas historias que nos conectan coa natureza e que, dalgún xeito, tamén forman parte de nós.

📅 5 de novembro | De 19 a 21 h.
📍 Antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora
🎟️ Prazas limitadas. Inscrición previa imprescindible.

Actividade enmarcada na Bienal Lucky Books.

🔗 Máis información e inscricións:
https://ceida.org/gl/novidades/onde-o-corazon-florece-literatura-natureza-e-emocions

📣 Última semana para visitar a exposición «O que vexo», de Mavi Lezcano!Hoxe achegámosvos a Mavi Lezcano González, artis...
27/10/2026

📣 Última semana para visitar a exposición «O que vexo», de Mavi Lezcano!

Hoxe achegámosvos a Mavi Lezcano González, artista ourensá que pinta desde nena e que, ao longo dos anos, foi construíndo unha mirada propia a través da formación en Historia da Arte e da aprendizaxe con diferentes pintores e pintoras.

Na exposición «O que vexo», reúne arredor de dez obras de pequeno formato realizadas con pintura acrílica, nas que a natureza, o mar, as paisaxes e os pequenos detalles da vida cotiá se converten en protagonistas. Un convite a deternos e observar o que nos rodea a través da súa ollada azul.

🖼️ Se aínda non a visitaches, esta é a última semana para achegarte á Biblioteca Verde e descubrir a súa obra.

Agardámoste!

🍂 Comezamos unha nova tempada no Club de Lectura Clorofila!A semana pasada celebramos a primeira tertulia da nova tempad...
26/10/2026

🍂 Comezamos unha nova tempada no Club de Lectura Clorofila!

A semana pasada celebramos a primeira tertulia da nova tempada do clube de lecturas verdes, a número 32 desde que iniciamos esta aventura lectora. Un novo encontro arredor dos libros e das conversas que fan de cada lectura unha experiencia compartida.

Nesta ocasión, achegámonos a 'El sendero del bosque', de Adalbert Stifter, unha obra na que a natureza, a transformación persoal e a beleza dos pequenos detalles nos convidan a mirar o mundo con outros ollos. Todo un descubrimento de autor e movemento literario.

Falamos de literatura, imaxinamos personaxes, lemos a poesía de Goethe e mesmo bailamos para darlle a benvida ao outono. Tamén houbo ocasión para acoller a quen se incorpora por primeira vez a este espazo.

Coma sempre, o mellor foi compartir miradas, escoitarnos e descubrir todo o que pode agromar cando unha historia pasa polas mans e as voces de distintas lectoras.

Un libro, moitas miradas e unha nova tempada por diante. Seguimos lendo xuntas! 📚

Onte volvemos vivir a experiencia de Esencia Salvaxe na Biblioteca Verde do CEIDA 🌿Tras a boa acollida da súa estrea, xu...
23/10/2026

Onte volvemos vivir a experiencia de Esencia Salvaxe na Biblioteca Verde do CEIDA 🌿

Tras a boa acollida da súa estrea, xuntámonos de novo para compartir este espazo inmersivo e sensorial arredor dos aromas da natureza, a literatura, os recordos e as emocións.

Esta vez, o tempo non nos permitiu saír ao xardín, pero foi este bosque de libros que temos a sorte de habitar o que nos acolleu. Un escenario diferente para unha experiencia que, unha vez máis, nos levou moito máis alá dos aromas.

Porque ás veces abonda cun cheiro para abrir unha porta que levaba anos pechada. E, tras ela, aparecen os recordos da infancia, os momentos compartidos en familia, os lugares queridos, as paisaxes que permanecen en nós… e ata emocións inesperadas. Foi moi fermoso comprobar como algo tan sutil, tan invisible, pode levarnos a lugares tan íntimos.

E, entre aromas, palabras e lembranzas, tamén houbo espazo para a lectura en voz alta, esa maneira tan especial de compartir historias que tanto nos gusta. Porque ler en voz alta tamén é crear vínculos, escoitarnos e deixarnos levar polas palabras.

Queremos darvos as grazas pola vosa xenerosidade, por compartir un anaquiño de vós, por poñer palabras a aquilo que ás veces parece difícil de expresar.

Esencia Salvaxe segue medrando. E nós seguimos descubrindo todo o que un aroma pode contar, cando nos paramos a escoitar.

Dirección

Pazo De Lóngora. C/Casares Quiroga, 29. Liáns
Oleiros
15179

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34981630618

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga - CEIDA publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga - CEIDA:

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos