06/11/2026
💜 25N | OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dende o Concello de Oza-Cesuras organizamos un obradoiro de defensa persoal dirixido ás mulleres, impartido por Judo Grandeobra
Unha oportunidade para aprender técnicas básicas de autoprotección, gañar confianza e adquirir ferramentas que nos axuden a sentirnos máis seguras.
📅 25 de novembro
🕢 De 19:45 a 21:15 h
📍 Pavillón de Oza
▪️ Terán prioridade as mulleres empadroadas no Concello.
▪️ Prazas limitadas.
📝 INSCRICIÓNS: Poderán realizarse en calquera das sedes municipais, tanto por vía telefónica como de maneira presencial.
📌 Data límite de inscrición: 23 de novembro.
💜 A prevención, a sensibilización e a formación son fundamentais na loita contra a violencia machista. Seguimos traballando por unha sociedade máis segura, igualitaria e libre de violencia contra as mulleres.