Concello do Porriño

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello do Porriño Paxina oficial Concello do Porriño
[email protected] Páxina oficial do Concello do Porriño

Debido aos tres días de loito oficial, as actividades do Samaín no Concello do Porriño trasládanse ao domingo 1 de novem...
30/10/2026

Debido aos tres días de loito oficial, as actividades do Samaín no Concello do Porriño trasládanse ao domingo 1 de novembro.

🕯️A nosa dor está coas vítimas, o noso silencio coas súas familias. Queremos trasladar todo o noso cariño, solidariedade...
28/10/2026

🕯️A nosa dor está coas vítimas, o noso silencio coas súas familias. Queremos trasladar todo o noso cariño, solidariedade e forza aos afectados polo accidente ferroviario acontecido en Toledo, así como desexar unha pronta recuperación a todas as persoas feridas. 🕊️

O Concello do Porriño convoca hoxe, mércores 28 de outubro, un minuto de silencio ás 20:00 h en memoria das vítimas do t...
28/10/2026

O Concello do Porriño convoca hoxe, mércores 28 de outubro, un minuto de silencio ás 20:00 h en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario na provincia de Toledo.

🏁 Hai vitorias que van moito máis alá do podio: Con Martín e con José Antonio aprendemos que non hai barreiras, que son ...
27/10/2026

🏁 Hai vitorias que van moito máis alá do podio: Con Martín e con José Antonio aprendemos que non hai barreiras, que son as nosas fortalezas as que contan cando tes un obxectivo! Xuntos, subiron ao podio no II Rallysprint de Lobios tras competir a bordo dun Fiat Seicento. 🚘
Martín ten autismo, unha memoria prodixiosa e un pai que sabe acompañalo e facer que cada experiencia sexa unha nova oportunidade para g***r, aprender e superar retos 🏆
Quedan moitas vitorias por celebrar, no asfalto e na vida. E oxalá poidamos acompañalos en todas elas, coa bandeira do Porriño! 💙

🏛️ 50 anos do regreso a casa de Antonio Palacios: 50 anos da unión para cumprir os seus desexos e daquel fondo sentiment...
27/10/2026

🏛️ 50 anos do regreso a casa de Antonio Palacios: 50 anos da unión para cumprir os seus desexos e daquel fondo sentimento que percorreu O Porriño para despedilo.
🎬 Conmemorámolo coa estrea do documental A Pontevedra de Antonio Palacios, dirixido por Aser Álvarez, que é tamén unha homenaxe ao historiador Moncho Igrexas: sempre nos nosos corazóns.
💫 A exposición sobre o traslado dos seus restos serviunos, ademais de para lembrar unha xornada histórica, para recoñecer aos que o fixeron posible: á directiva do Círculo Recreativo Cultural de 1976 e aos que dun xeito ou doutro prestaron a súa axuda para traelo de volta. Non puideron estar todos, algúns xa faltan, como o seu presidente, Raúl Francés, pero si estiveron, daquela época, Modesto Giráldez, Antonio Valverde Pampillón, Francisco Quintas Forte e Julio Gómez.
🌟 Lembrouse tamén as xestións de Manuel Valverde, alcalde, ou a Eduardo Godoy e a Luis Alonso, que viaxaron a Madrid para recollelos nun coche fúnebre cedido por Porfirio González Gradín. Na inauguración da exposición estiveron os seus fillos, Fernando Godoy, Susana Alonso e Pili González.

🥖 Esta tarde o salón de plenos do Concello do Porriño acolle a AULA ABERTA PAN E EMPANADAS ARTESANAIS. Unhas xornadas de...
27/10/2026

🥖 Esta tarde o salón de plenos do Concello do Porriño acolle a AULA ABERTA PAN E EMPANADAS ARTESANAIS. Unhas xornadas de divulgación abertas ao público ata compretar aforo.

Risas, aprendizaxe e moito teatro en Torneiros! 🎭Pasámolo  en grande von Chirlomirlo Teatro✨​Queremos agradecer á asocia...
25/10/2026

Risas, aprendizaxe e moito teatro en Torneiros! 🎭
Pasámolo en grande von Chirlomirlo Teatro

✨​Queremos agradecer á asociación San Salvador o seu gran traballo para seguir dinamizando a vida cultural do Porriño! 🙌

🎶 Un ano máis, e van seis, a nosa cultura sentiuse, oiuse e bailousse en Atios! ✨ De novo un marabilloso traballo dos Pe...
25/10/2026

🎶 Un ano máis, e van seis, a nosa cultura sentiuse, oiuse e bailousse en Atios! ✨
De novo un marabilloso traballo dos Penediños e unha mostra de talento de todas as agrupacións participantes: ✨ Agrupación Inquedanzas (Pazos de Reis, Tui) ✨ Os Penediños (Atios, O Porriño) ✨ Os Chavellos (Pereiras, Mos) ✨ Mekanika Rolling Band (Negreira) ✨ Charanga Nova Gomada (Salceda)
🌰 Abrimos temporada de castañas!

💛 Ourense e Allariz.
25/10/2026

💛 Ourense e Allariz.

O Porriño celebra o terceiro encontro de profesionais da saúde mentalOs encontros de profesionais da saúde mental contin...
23/10/2026

O Porriño celebra o terceiro encontro de profesionais da saúde mental

Os encontros de profesionais da saúde mental continúan a consolidarse como un espazo de diálogo, reflexión e apoio mutuo. Nesta terceira edición, volvemos reunir profesionais do Porriño, Ponteareas e Tui, nunha xornada para compartir experiencias, inquietudes e aprendizaxes desde as distintas realidades da práctica profesional.

A través da dinámica «Mirando o camiño percorrido», reflexionamos sobre os medos e retos aos que nos enfrontamos ao longo da nosa traxectoria, os avances que nos fan sentir orgullo e as dificultades que seguen presentes no día a día. Unha oportunidade para poñer en valor o camiño percorrido, aprender doutras experiencias e lembrar a importancia de contar con espazos de escoita respectuosa, sen xuízos e de acompañamento entre iguais.

Nesta ocasión participaron Sandra Darriba, Jessica Fernández Rama, Beatriz Goce Vidal, Lorena e Sara, de Impulsa Centro; Iago, Sara e Daniela, de Redes Psicología; Teresa Lillo, de Psicologuiños; e Sabela Brea. Grazas a todas e todos por sumar as vosas experiencias e contribuír a facer medrar esta rede profesional. 💚

Cada encontro reforza a importancia de crear vínculos, compartir coñecementos e construír unha comunidade na que sentirnos acompañadas e acompañados tamén no exercicio da nosa profesión.

📅 Vémonos o 27 de novembro no próximo encontro!

Seguimos creando rede, compartindo experiencias e medrando en común.

Porque compartir tamén é aprender, acompañar e coidar.

Dirección

Rúa Antonio Palacios
Porriño
36400

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello do Porriño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello do Porriño:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros Organización gubernamental en O Porriño

Ver Todo