01/10/2026
🚀 O CAMBIO XA ESTÁ EN MARCHA NAS PONTES
A última enquisa, de febreiro de 2026, sitúa ao BNG como a segunda forza política no concello das Pontes, consolidando a súa posición de liderado na oposición e como a gran alternativa ao goberno municipal.
📊 A nosa voceira, Carmela Franco, consolídase como a figura política de referencia cunha valoración global de 5,19 puntos, a só unha décima do actual alcalde (5,29).
🚶♀️➡️ MOCIDADE - 18 a 34 anos: Carmela Franco é a preferida con diferenza, acadando un 6,40 de valoración (fronte ao 4,52 do PSOE e o 4,50 do PP).
🧑💼 PERSOAS ADULTAS - 50 a 64 anos: Carmela volve ser a líder mellor valorada cun 4,85 (superando o 4,45 do alcalde e o 4,50 do PP).
💪 Estes resultados confirman o respaldo ao traballo constante da nosa organización e que cada vez máis veciñas e veciños ven no BNG o proxecto de futuro, ilusión e ideas que As Pontes precisa.