31/10/2026
🧡 XII Carreira Popular de Rianxo 🏃♀️🏃♂️
Onte, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Rianxo, xunto cos compañeiros e compañeiras das agrupacións de Protección Civil de Outes, Valga e A Pobra do Caramiñal, formamos parte do dispositivo de seguridade da XII Carreira Popular de Rianxo.
Foi unha tarde de deporte, ambiente e moita participación, na que traballamos para que corredores, corredoras e público puidesen desfrutar da proba con total seguridade: control de cruces, acompañamento da carreira, atención aos participantes e apoio en todo o percorrido.
Queremos agradecer o gran traballo dos nosos compañeiros da Policía Local de Rianxo (Policía Local de Rianxo ), da organización, do servizo de ambulancia e de todas as persoas e colectivos que fixeron posible que esta carreira saíse tan ben. Grazas tamén ás agrupacións de Outes, Valga e A Pobra polo seu apoio. Da gusto traballar así, en equipo! 💪
E, por suposto, parabéns a todos os corredores e corredoras, desde os máis pequenos ata os máis veteranos, por encher as rúas de Rianxo de deporte e ilusión. 🧡