31/10/2026
𝗔𝗖𝗧𝗢 𝗔𝗕𝗘𝗥𝗧𝗢 𝗥𝗜𝗔𝗡𝗫𝗢 🗣️
💬 O traballo do BNG nas Cortes está a dar resultados para Galiza. Conseguimos avances importantes grazas á voz propia do nacionalismo galego en Madrid, pero aínda quedan moitos retos por diante para defender os nosos intereses e mellorar a vida da xente.
📆 O vindeiro 7 de novembro, abrimos un espazo de encontro coa veciñanza de Rianxo para compartir o balance do traballo feito en Madrid, poñer en valor os logros acadados e abordar as cuestións que máis preocupan á sociedade galega. Unha oportunidade para compartir propostas, escoitar as demandas da xente e seguir construíndo unha Galiza con máis dereitos e máis capacidade de decisión.
👉🏻 Intervirán Fran Rei, concelleiro do BNG en Rianxo; Rosana Pérez, candidata nº 2 pola Coruña ao Congreso; e Néstor Rego, candidato nº 1 pola Coruña ao Congreso.
📅 Venres, 7 de novembro
🕗 20.00 h
📍 Cuartel Vello, Rianxo
Un encontro aberto a toda a veciñanza. Agardámoste!