Politécnico de Santiago

Cómo llegar Página web

Politécnico de Santiago Centro Integrado de Formación Profesional. Red Estatal de Centros de Excelencia FP.

🏆🚀 Dobre éxito do CIFP Politécnico de Santiago no   2026!O CIFP Politécnico de Santiago acolleu hoxe a gala de entrega d...
05/11/2026

🏆🚀 Dobre éxito do CIFP Politécnico de Santiago no 2026!

O CIFP Politécnico de Santiago acolleu hoxe a gala de entrega de premios do concurso Eduemprende Idea 2026, e alí estivemos para acompañar os nosos dous equipos gañadores. 💙

🥇 HYGROROCK | 1.º premio – Grao Medio (Modalidade B) | 3.000 €
👏 Emma Felpete, Adriana Iglesias e Alejandro Corbillón
👩‍🏫 Titora: Teresa Moya

🥈 PROTENORD | 2.º premio – Grao Superior (Modalidade A) | 2.000 €
👏 Hugo Martínez e Hugo Vázquez
👩‍🏫 Titora: Laura Silva

🎯 Dous proxectos, cinco estudantes e moitas ganas de emprender, innovar e transformar ideas en solucións con futuro!

A gala estivo presidida polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán.

E isto non remata aquí! Os proxectos premiados poderán incorporarse á Rede de Viveiros de Empresa da Consellería de Educación e recibir asesoramento especializado a través da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego para avanzar cara á súa posible posta en marcha.

💙 Noraboa aos nosos cinco estudantes e ás súas profesoras!

Le a noticia completa en El Correo Gallego:
https://www.elcorreogallego.es/santiago/2026/11/05/alumnos-politecnico-detras-proyectos-emprendedores-136123103.html

Nota de prensa:
https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/030067/xunta-reconoce-con-los-premios-atrevete-eduemprende-idea-alumnado-15-centros

🚀 Volve INNOVATECH FP! Atréveste a transformar unha idea nun proxecto innovador?Xa está aberta a 4ª convocatoria de INNO...
04/11/2026

🚀 Volve INNOVATECH FP! Atréveste a transformar unha idea nun proxecto innovador?

Xa está aberta a 4ª convocatoria de INNOVATECH FP, unha oportunidade para que o alumnado da Formación Profesional galega poña a proba o seu talento, creatividade e capacidade para resolver retos reais das empresas.

💡 20 retos tecnolóxicos, novas ideas e moitas oportunidades para innovar.

No CIFP Politécnico de Santiago sabemos ben o que significa participar nesta experiencia. Na pasada edición, os nosos equipos chegaron á fase final e conseguiron dous importantes recoñecementos, demostrando que o talento, o traballo en equipo e a colaboración entre especialidades poden dar lugar a grandes proxectos.

Agora tócache a ti!

🙌 Anímate a formar un equipo, combina coñecementos, comparte ideas e desenvolve unha proposta innovadora que dea resposta a unha necesidade real.

👥 Equipos mixtos de 4 persoas, con alumnado de distintos ciclos formativos e mesmo de diferentes centros.

📅 Prazo de inscrición: ata o 25 de novembro de 2026.

🌱 Atrévete a participar. Atrévete a innovar.

🔗 Consulta os retos e toda a información en:
https://www.edu.xunta.gal/fp/innovatech-fp
https://www.cgifp.gal

📸 E mentres te animas a participar, compartimos unha pequena mostra da nosa experiencia na pasada edición!

Parabéns, Héctor!Desde o CIFP Politécnico de Santiago queremos felicitar o noso alumno Héctor Sánchez Bellón polos excel...
03/11/2026

Parabéns, Héctor!
Desde o CIFP Politécnico de Santiago queremos felicitar o noso alumno Héctor Sánchez Bellón polos excelentes resultados acadados nas competicións Skills, froito do seu esforzo, dedicación e compromiso:
🥇 Medalla de ouro en GaliciaSkills
🥇 Medalla de ouro en SpainSkills
🏅 Medalla de excelencia en WorldSkills

Unha traxectoria extraordinaria que o levou desde o máximo recoñecemento en Galicia e España ata destacar nunha competición de ámbito mundial.
📷 Fotografías: Paula Franco

X edición do programa Xuventude Mentoring para mellorar a empregabilidade da mocidade titulada.Está en marcha unha nova ...
30/10/2026

X edición do programa Xuventude Mentoring para mellorar a empregabilidade da mocidade titulada.

Está en marcha unha nova edición de Xuventude Mentoring, un programa de formación e acompañamento dirixido a persoas mozas tituladas que ten como obxectivo facilitar a súa incorporación ao mercado laboral e mellorar as súas competencias para a procura de emprego.

O programa combina o acompañamento de persoas mentoras con experiencia profesional, actividades formativas, asistencia a eventos e visitas a empresas, accións de networking e asesoramento continuado.

Poden participar persoas de entre 18 e 30 anos que teñan rematados estudos universitarios, de Formación Profesional ou estudos superiores de ensinanzas de réxime especial e que estean inscritas e sexan beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia.

Consulta toda a información sobre o programa Xuventude Mentoring na seguinte ligazón: https://xuventude.xunta.gal/es/node/5134

🚀 A emprender tamén se aprende!O pasado 20 de outubro, o noso alumnado participou na charla «Emprendendo en Galicia», im...
27/10/2026

🚀 A emprender tamén se aprende!

O pasado 20 de outubro, o noso alumnado participou na charla «Emprendendo en Galicia», impartida por Javier Bouzas Arufe, profesor da USC e investigador no ámbito do emprendemento en Galicia.

💡 Unha oportunidade para coñecer a realidade de emprender na nosa contorna, reflexionar sobre as motivacións para facelo e descubrir como transformar unha idea nun proxecto de negocio real.

Porque a educación emprendedora é fundamental para espertar vocacións, estimular a curiosidade e impulsar o talento da mocidade. 🌱

👏 Moitas grazas, Javier, por compartir os teus coñecementos e achegar o emprendemento á realidade do noso alumnado. Agardamos repetir pronto!

Carlos Blanco Arca súmase ó CIBER.gal 2026.Coordinador e profesor no Curso de Especialización de Ciberseguridade en cont...
26/10/2026

Carlos Blanco Arca súmase ó CIBER.gal 2026.

Coordinador e profesor no Curso de Especialización de Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación, participará nesta nova edición para abordar a Explotación e mitigación de vulnerabilidades nos PLCs S7-1200 de Siemens.

Unha oportunidade para coñecer e profundizar na detección de vulnerabilidades nos autómatas S7-1200 CPU 1215C AC/DC Relay 6ES7 215-1BG40-0XB0, a explotación das mesmas e a busca de medidas para a prevención e mitigación.

📅 4 de Novembro 2026
🕐 9:50 – 11:50
🔗 Podedes consultar o programa en https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/cibergal/eventos/2026-vi-encontro-cibergal

🏆 Dous proxectos do CIFP Politécnico de Santiago, premiados no Eduemprende Idea 2026! 🚀🎉 Celebramos o talento, a creativ...
24/10/2026

🏆 Dous proxectos do CIFP Politécnico de Santiago, premiados no Eduemprende Idea 2026! 🚀

🎉 Celebramos o talento, a creatividade e o espírito emprendedor do noso alumnado!

🥇 HYGROROCK | 1.º premio – Modalidade B (Grao Medio)
💶 Dotación económica: 3.000 €

👏 Emma F. I., Adriana I. G. e Alejandro C. S., creadores dunha proposta innovadora: pedras que cambian de cor coa humidade para facilitar o coidado das plantas. 🌱

🥈 PROTENORD | 2.º premio – Modalidade A (Grao Superior)
💶 Dotación económica: 2.000 €

👏 Hugo V. C. e Hugo M. B., impulsores dun proxecto de biotecnoloxía aplicada ao sector primario, que propón transformar larvas en concentrado proteico e abono orgánico. 🧬🌿

Estes recoñecementos poñen en valor a capacidade do alumnado da FP para transformar ideas en solucións innovadoras, sostibles e con potencial empresarial.

💙 Desde o CIFP Politécnico de Santiago, estamos moi orgullosos de vós!

👏 Parabéns aos cinco estudantes e moito éxito nos vosos futuros proxectos!

📰 Le a noticia completa en El Correo Gallego:
🔗 https://www.elcorreogallego.es/santiago/2026/10/22/biotecnologia-cuidado-plantas-proyectos-politecnico-135618154.html

🤝 Da aula ao mundo profesional: emprendemento en primeira persoa! 🚀Este xoves, 22 de outubro, celebramos no CIFP Politéc...
23/10/2026

🤝 Da aula ao mundo profesional: emprendemento en primeira persoa! 🚀

Este xoves, 22 de outubro, celebramos no CIFP Politécnico de Santiago a xornada «Fórmate para o Futuro», promovida por UPTA e financiada por Fundae.

💡 Contamos coa participación de Eduardo Abad, presidente de UPTA; Ana Isabel San José Bravo, técnica de Fundae e Jesús Diéguez , secretario de UPTA que achegaron ao alumnado as claves do autoemprego e a importancia da formación continua.

🚀 Ademais, Nicolás Quiñoy e Óscar Silva, socios de e viveiristas do noso centro; Santiago Resúa Nice, xerente de IRONOR Metalurxia e exalumno do CIFP Politécnico de Santiago; e Daniel Pampín, de , compartiron con noso alumnado as súas experiencias emprendedoras.

✨ Inspiración, aprendizaxe e referentes reais para construír o futuro profesional!

👏 Grazas a todas as persoas participantes por achegar o emprendemento á FP.

EUROPA BRILLA, NÓS DÁMOSLLE VISIBILIDADE!No CIFP Politécnico de Santiago celebramos os   2026, unha oportunidade para co...
21/10/2026

EUROPA BRILLA, NÓS DÁMOSLLE VISIBILIDADE!
No CIFP Politécnico de Santiago celebramos os 2026, unha oportunidade para compartir experiencias, descubrir novas culturas e dar visibilidade ás posibilidades que Erasmus+ ofrece ao noso alumnado de Formación Profesional.
Baixo o lema «Next Stop: Erasmus+!», achegamos Europa á nosa comunidade educativa a través de:
- Charlas informativas sobre oportunidades de mobilidade Erasmus+.
- Encontros con membros da Erasmus Student Network (ESN).
- Proxección de vídeos divulgativos na pantalla principal do centro.
- Difusión das nosas mobilidades e experiencias internacionais.
Porque Erasmus+ é moito máis que viaxar: é aprender, medrar, desenvolver competencias profesionais e abrir portas ao futuro.
Unha FP sen fronteiras, unha FP conectada con Europa!

EUROPE SHINES, WE PUT IT IN THE SPOTLIGHT!
At CIFP Politécnico de Santiago, we are celebrating 2026, an opportunity to share experiences, discover new cultures and highlight the opportunities that Erasmus+ offers our Vocational Education and Training (VET) students.
Under the motto "Next Stop: Erasmus+!", we are bringing Europe closer to our educational community through:
- Information sessions on Erasmus+ mobility opportunities.
-Talks with members of the Erasmus Student Network (ESN).
-Informative videos displayed on the school's main entrance screen.
-Showcasing our Erasmus+ mobilities and international experiences.
-Because Erasmus+ is much more than travelling: it is about learning, growing, developing professional skills and opening doors to the future.
VET without borders, VET connected to Europe!

A robótica chega ao CIFP Politécnico de Santiago!Os días 26 e 27 de novembro o noso centro acollerá a Jornada HispaRob E...
16/10/2026

A robótica chega ao CIFP Politécnico de Santiago!
Os días 26 e 27 de novembro o noso centro acollerá a Jornada HispaRob ERW2026 «Robota: Cultura Robótica», dentro da Semana Europea da Robótica 2026.
Durante dous días, profesionais, empresas, persoal investigador, institucións e comunidade educativa reuniranse no Politécnico para compartir experiencias arredor da robótica, a innovación, a intelixencia artificial e a educación, con relatorios, actividades e demostracións.
Estamos encantados de participar activamente nun encontro que sitúa o noso centro como punto de encontro da cultura robótica en Galicia.

Dirección

Rúa Rosalía De Castro, 133
Santiago De Compostela
15706

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Politécnico de Santiago publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos