BNG Cenlle

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

BNG Cenlle Sitio web do Bloque Nacionalista Galego en Cenlle.

Hoxe no día mundial contra o cambio climático e necesario sempre crear conciencia aos gobernos, xa seaxan estatais, das ...
24/10/2026

Hoxe no día mundial contra o cambio climático e necesario sempre crear conciencia aos gobernos, xa seaxan estatais, das comunidades autónomas ou corporacións municipais dos efectos do quecemento da terra, mais tamén da necesidade da acción medioambiental, pois ben despois de dar unha volta pola parroquia de Laias vimos de comprobar que a acción medioambiental neste Concello non vai máis ala que dunha fota en Augas de Galicia, porque o que é o mantemento das redes de sumidoiro pois fai augas, agardemos que a modificación orzamental sexa para reparar este verquido de augas residuais que van dar directamente ao río Miño.
Por iso dende o BNG de Cenlle instamos o Concello que primeiro obrigue a confederación hidrográfica limpe o cauce deste regato e segundo que arranxe a tubería para que non siga vertendo ao río

Bonus track. Algúns mal pensados dirán que o Concello, se en vez de sinalar a rotura dunha placa na beirarrúa a arranxar...
24/09/2026

Bonus track.
Algúns mal pensados dirán que o Concello, se en vez de sinalar a rotura dunha placa na beirarrúa a arranxara de vez sería moito mellor. Mais non caro lector, onde un ve un simple cono se señalización para o Concello é unha practica a imitar ao que se fai noutras cidades como Glasgow, e ollo que o cono que preside a testa de Sir Arthur Wellesley comezou a modo de chanza é hoxe un dos monumentos mais recoñezidos da cidade escocesa, esperemos que o cono da beirarrúa non acabe sendo unha icona do pasotismo de este noso querido goberno municipal.

Lembradesvos que dende a Xunta obrigaban a ter as franxas de seguridade limpas para que o lume non chegue as casas? Pois...
24/09/2026

Lembradesvos que dende a Xunta obrigaban a ter as franxas de seguridade limpas para que o lume non chegue as casas?

Pois parece ser que en Xubin esa norma non afecta, e os veciños teñen que observar cada maña o desleixamento por parte dun Concello que non actúa de oficio na limpeza das marxes obrigatorias

Lembrádesvos que fai unhas semanas o goberno municipal do PP anunciaba un acordo para destinar cerca de 600.000 € para m...
24/09/2026

Lembrádesvos que fai unhas semanas o goberno municipal do PP anunciaba un acordo para destinar cerca de 600.000 € para mellora das tubaxes de abastecemento de auga?

Ben pois pasou a festa e pasou a romería e en Xubín levan dúas semanas cunha filtración de auga

A pesar do triunfalismo do anuncio, convén poñer en contexto este investimento. A acometida destas obras de mellora no a...
02/09/2026

A pesar do triunfalismo do anuncio, convén poñer en contexto este investimento. A acometida destas obras de mellora no abastecemento e saneamento de Laias debería ser sufragada directamente cos fondos recadados a través do canon da auga, un tributo que a veciñanza xa paga de xeito periódico precisamente para o mantemento e modernización das infraestruturas hidráulicas.

​Máis que un xesto extraordinario de xenerosidade ou un "agradecemento" institucional, este financiamento por parte da Xunta non é máis ca unha necesaria contrapartida polas reiteradas e numerosas multas que o Concello de Cenlle tivo que pagar a Augas de Galicia ao longo do tempo por deficiencias e verteduras na rede.

​É obriga das administracións públicas manter os servizos en condicións óptimas cos impostos xa cobrados, sen ter que presentar como un logro excepcional o que non deixa de ser a reparación duns servizos cuxa xestión deficiente custoulle cartos aos petos do municipio.

Por outra banda cabe destacar que sigue habendo núcleos de poboación sen servizo no noso termo municipal como acontece no Eiró, Roucos ou Razamonde.

https://www.facebook.com/share/p/19PAoj2xfS/

🔴 CENLLE LEVA TODA A SEMANA SEN MÉDICODesde o BNG de Cenlle queremos denunciar a situación que está a vivir esta semana ...
26/08/2026

🔴 CENLLE LEVA TODA A SEMANA SEN MÉDICO
Desde o BNG de Cenlle queremos denunciar a situación que está a vivir esta semana a nosa veciñanza pola falta de atención médica nos centros sanitarios do concello.
Cenlle conta con dous centros de Atención Primaria, o Centro de Saúde de Cenlle e o Consultorio de Barbantes, que son atendidos habitualmente por un mesmo médico que reparte a súa xornada entre ambos centros.
Esta semana, a ausencia deste profesional e a falta dunha substitución está deixando á veciñanza sen atención médica no seu propio concello.
E en Cenlle isto ten consecuencias especialmente graves.
Falamos dun concello rural, cunha poboación envellecida e dispersa entre diferentes parroquias e núcleos, no que moitas persoas maiores teñen dificultades para desprazarse e no que non existe unha rede de transporte público que permita acudir con facilidade a unha consulta médica noutro concello.
A alternativa non pode ser simplemente dicirlle á veciñanza que se desprace a Ribadavia ou Ourense.
Para unha persoa que dispón de coche pode significar varios quilómetros. Para unha persoa maior que vive soa, que non conduce ou que depende doutra persoa para desprazarse, pode significar directamente ter enormes dificultades para acceder á atención sanitaria que necesita.
Desde o BNG de Cenlle consideramos inaceptable que a ausencia dun único profesional deixe sen cobertura médica os dous centros sanitarios dun concello enteiro.
Esta situación demostra, unha vez máis, a necesidade de reforzar a Atención Primaria no rural e de garantir as substitucións do persoal sanitario.
Por iso, esiximos á Consellería de Sanidade e ao SERGAS a cobertura inmediata da ausencia e que se adopten as medidas necesarias para garantir unha atención médica estable e continuada en Cenlle e Barbantes.
Non queremos solucións puntuais cada vez que aparece o problema. Queremos que exista unha planificación que garanta que cando o médico titular estea de baixa, de permiso ou de vacacións, exista unha substitución desde o primeiro día.
Porque vivir no rural non pode significar ter menos dereitos nin peor acceso á sanidade pública.
Cenlle merece unha Atención Primaria digna.
Cenlle merece médico.

💙 Este 18 de xullo, vémonos en Ribadavia.Celebramos o Día da Patria Galega reivindicando que somos unha nación, con memo...
17/07/2026

💙 Este 18 de xullo, vémonos en Ribadavia.
Celebramos o Día da Patria Galega reivindicando que somos unha nación, con memoria, cultura e futuro.
📍 Programa:
🕦 11.30 Inauguración do Mural de Castelao · Pavillón de deportes
🕛 12.00 Acto aberto na Alameda, coa intervención de Artai Gabiás, secretario xeral de Galiza Nova
🕐 13.00 Vermú na Taberna Treixadura
Galiza constrúese dende cada vila, dende cada comarca e desde a forza do povo.
Agardámoste!
💙 Somos unha nación.


23/06/2026

Basta xa do secretismo arredor do caso do canon da auga entre Deputación e Concello.
Exiximos unha auditoría para saber o estado das contas do Concello.

Eis aquí as chaves

⛏️ NON Á MINA. NON AO ESPOLIO DO NOSO PAÍS.Galiza non pode ser unha colonia de extracción ao servizo de intereses alleos...
18/06/2026

⛏️ NON Á MINA. NON AO ESPOLIO DO NOSO PAÍS.

Galiza non pode ser unha colonia de extracción ao servizo de intereses alleos. Os nosos montes, as nosas augas e o noso territorio merecen futuro, non espolio.

📍 Praza de Doade (Beariz)
📅 Sábado, 20 de xuño de 2026
🕚 11:00 h

Intervirán:

🔹 Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso
🔹 Carme da Silva, senadora do BNG

✊ Defendamos a terra, o rural e o dereito a decidir sobre os nosos recursos.

DefendamosATerra Galiza

Porque o BNG sempre é o voto útil para Galiza e para Cenlle, porque un único deputado en Madrid fai máis ca 22 deputados...
08/06/2026

Porque o BNG sempre é o voto útil para Galiza e para Cenlle, porque un único deputado en Madrid fai máis ca 22 deputados.

Na presente lexislatura o levou 7 preguntas o congreso dos deputados formadas polos nosos concelleiros e Gabriel Alberte

Entre esa batería de preguntas destacan a previsiónde ampliar o horario da oficina de correos de barbantes que a piques estivo de pechar pola innacción da alcaldía en mans do Partido Popular. E o acordo para mellorar a seguridade viaria da N-120 o seu paso por Barbantes, Laias, Razamonde, Xubín e Trasariz.

Cando os teus che digan emprega o teu voto de forma útil respondelles que o voto útil e o do BNG!

Dirección

Trasariz

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Cenlle publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a BNG Cenlle:

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos