BNG Castrelo de Miño

Cómo llegar Contactar con la organización

BNG Castrelo de Miño Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de BNG Castrelo de Miño, Partido político, Castrelo de Miño.

✊ Este mércores  , Folga Xeral na Galiza!Desde o BNG de Castrelo de Miño animamos a participar nas mobilizacións convoca...
10/11/2026

✊ Este mércores , Folga Xeral na Galiza!

Desde o BNG de Castrelo de Miño animamos a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar salarios e pensións dignas, vivenda accesíbel e uns servizos públicos de calidade.

📍 OURENSE 🕚 11:00 h – Edificio Sindical (CIG). 🕕 18:00 h – Subdelegación do Goberno (mobilización social).

🔥 PARAMOS PARA AVANZAR!

POR UNHA VIDA DIGNA NA GALIZA! ✊

08/11/2026
🎃 O Samaín chegou a Castrelo... e a escuridade xa estaba aquí! Cortiñas, Paradela e Barral continúan sen alumeado públic...
01/11/2026

🎃 O Samaín chegou a Castrelo... e a escuridade xa estaba aquí!

Cortiñas, Paradela e Barral continúan sen alumeado público, varios días despois da nosa primeira denuncia.

Estas fotografías, tomadas onte á noite, por desgraza, non son unha decoración de Samaín. Coas rúas así, só falta que apareza a Santa Compaña! 👻

💡 Desde o BNG de Castrelo de Miño reiteramos a nosa petición ao Goberno municipal para que resolva dunha vez esta avaría.

As festas e os selfies están moi ben, pero atender os problemas cotiáns da veciñanza tamén debería ser unha prioridade.

🔥 O PP SEMPRE EN CONTRA DOS AVANCES SOCIAIS.Dá igual cando leas isto! 😩
27/10/2026

🔥 O PP SEMPRE EN CONTRA DOS AVANCES SOCIAIS.
Dá igual cando leas isto! 😩

💡 Castrelo de Miño, ás escuras!Así se atopa esta noite a avenida do Concello.Desde o BNG reclamamos que se solucione can...
26/10/2026

💡 Castrelo de Miño, ás escuras!

Así se atopa esta noite a avenida do Concello.

Desde o BNG reclamamos que se solucione canto antes esta avaría no alumeado público.

Porque os mesmos dereitos para a veciñanza do rural tamén comezan polas cousas máis básicas.

📣 CASTRELO DE MIÑO NO CONGRESO DOS DEPUTADOS📊 Segundo os datos de Newtral, nesta lexislatura formuláronse 4 preguntas pa...
25/10/2026

📣 CASTRELO DE MIÑO NO CONGRESO DOS DEPUTADOS
📊 Segundo os datos de Newtral, nesta lexislatura formuláronse 4 preguntas parlamentarias sobre Castrelo de Miño. As catro foron presentadas por Néstor Rego, deputado do BNG.
👉 O PP, malia contar coa alcaldía de Castrelo de Miño e con tres deputados elixidos por Ourense, non figura como autor de ningunha destas preguntas.
👉 Tampouco o PSOE, que conta cunha deputada pola provincia.
💪 Un deputado do BNG, catro preguntas sobre Castrelo de Miño. Os outros 22 deputados elixidos por Galiza no Congreso, do PP, PSOE e Sumar, ningunha.
🩵 Se o BNG está, Castrelo de Miño está!

📣 Xa temos candidaturas para o 29NO BNG presentou no día de hoxe as súas candidaturas ao Congreso e ao Senado, encabezad...
24/10/2026

📣 Xa temos candidaturas para o 29N

O BNG presentou no día de hoxe as súas candidaturas ao Congreso e ao Senado, encabezadas por Néstor Rego na Coruña, Carme da Silva en Pontevedra, Olalla Rodil en Lugo e Noa Presas en Ourense.

💚 Nas candidaturas por Ourense tamén estarán tres compañeiros e compañeiras do Ribeiro: Madalena, Bieito e Carme, que unirán forzas na defensa dos intereses da nosa provincia e de Galiza.

🔗 Consulta as listas completas: https://www.bng.gal/estaticas/xerais-2026-candidaturas-do-bng-ao-congreso-ao-senado.html

💚 Unha boa nova para o Ribeiro!🌿 Vimos de coñecer a declaración ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratrina...
23/10/2026

💚 Unha boa nova para o Ribeiro!

🌿 Vimos de coñecer a declaración ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratrina e Agromaces, dous macroproxectos que ameazaban os concellos como Castrelo de Miño, Ribadavia, Cenlle, Leiro, San Amaro, Beariz, Boborás e Cartelle.

✊ A mobilización veciñal, na que tamén participamos con charlas informativas e recollidas de sinaturas, serviu para denunciar uns proxectos que, como advertimos, non deixarían beneficios reais na nosa comarca, senón o espolio dos nosos recursos naturais e do noso patrimonio.

💚 Seguimos defendendo o noso territorio e unha Galiza libre de espolios!

Stop Eólicos Xurés Celanova BNG O Ribeiro

🖤 Adeus ToboDesde o BNG de Castrelo de Miño queremos expresar a nosa tristeza polo falecemento de Aristóbulo Quinteiro, ...
12/10/2026

🖤 Adeus Tobo

Desde o BNG de Castrelo de Miño queremos expresar a nosa tristeza polo falecemento de Aristóbulo Quinteiro, O Tobo, histórico militante nacionalista, defensor da xente labrega e participante na loita contra o encoro de Castrelo de Miño.

Foi o primeiro concelleiro nacionalista do Ribeiro e unha persoa comprometida coa súa terra e coa súa xente.

Hoxe á tarde despedirémolo en Ribadavia.

Unha aperta á familia e ás amizades.

Que a terra che sexa leve, Tobo.

Dirección

Castrelo De Miño

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Castrelo de Miño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a BNG Castrelo de Miño:

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos