23/10/2026
Hoxe venres, 23 de outubro, o noso secretario técnico, Sergio Aramburu presentou no marco do congreso , o pioneiro servizo do Consello da Avogacía Galega para tramitar os medios adecuados de solución de controversias a través dunha plataforma web.
Na sesión, Aramburu explicou as vantaxes que este sistema ten para os e galegos: permite resolver conflitos sen acudir ao litixio, con plenas garantías de , , , e .
MASC.gal articúlase en tres ferramentas:
📌 Oferta Vinculante Confidencial: permite formular unha proposta concreta de solución do conflito que vincula ao oferente e que se mantén reservada ata que se cumpren as condicións de revelación previstas. A parte receptora pode aceptala, rexeitala ou formular unha contraoferta.
📌 Invitación a negociar: posibilita unha proposta formal de negociación entre profesionais, sen iniciar unha mediación nin formular unha oferta vinculante, e deixa constancia dun intento formal de resolución extraxudicial conforme á Lei Orgánica 1/2025.
📌 Sala de sinaturas: permite remitir á outra parte un documento para a súa sinatura, con acreditación do envío, da posta a disposición e do acceso.
Durante a mesa redonda expuxéronse tamén as claves do servizo: a súa natureza dixital, o seu encaixe na LO 1/2025 e as garantías que ofrece para a resolución extraxudicial de conflitos.
A iniciativa supón un paso adiante na modernización do exercicio profesional, aliñando á avogacía galega coas esixencias de e do novo marco normativo.
👉 E ti, xa coñeces MASC.gal? Que ferramenta cres que che será máis útil no día a día do teu despacho?
🔗 https://masc.gal/