Concello de San Sadurniño

Llamar Cómo llegar Página web
◼️ O pleno extraordinario deste serán -xa dispoñible en Youtube- comezou gardando un minuto de silencio en sinal de dó p...
29/10/2026

◼️ O pleno extraordinario deste serán -xa dispoñible en Youtube- comezou gardando un minuto de silencio en sinal de dó polas vítimas mortais do accidente de tren en Toledo.

Un minuto que simboliza o sentimento solidario de todo San Sadurniño coas familias e persoas feridas, ademais do agradecemento aos equipos de urxencias e, sobre todo, á veciñanza de Ayuntamiento de Urda que lles foi valer desde o primeiro momento.

A partir das 19:30h, emisión en directo do pleno extraordinario deste xoves 29 de outubro.
29/10/2026

A partir das 19:30h, emisión en directo do pleno extraordinario deste xoves 29 de outubro.

Enjoy the videos and music you love, upload original content, and share it all with friends, family, and the world on YouTube.

Se tes un negocio e queres darlle un novo impulso... ou se estás pensando en montar a túa pequena empresa, isto interésa...
29/10/2026

Se tes un negocio e queres darlle un novo impulso... ou se estás pensando en montar a túa pequena empresa, isto interésache, seguro. O programa Provincia Emprendedora, integrado no PEL da Deputación, converteu en varios cursos gratuítos todas aquelas necesidades identificadas nas mesas de traballo cos sectores do turismo, as TIC, o audiovisual, o sector primario e as enerxías renovables A oferta combina sesións especializadas e obradoiros prácticos sobre dixitalización, comercio electrónico, xestión financeira, dirección de equipos e cuestións legais e laborais de interese para as empresas.

As persoas autónomas, emprendedoras e responsables de pequenas empresas de San Sadurniño e do resto da provincia teñen á súa disposición unha nova oferta de formación gratuíta para mellorar a xestión

Desde a empresa Fertri envíannos unha oferta de contratación dun/ha Operaria/o de robot de soldadura para traballar na s...
28/10/2026

Desde a empresa Fertri envíannos unha oferta de contratación dun/ha Operaria/o de robot de soldadura para traballar na súa planta de fabricación de invernadoiros, situada no polígono do Vidreiro, en Pontedeume.

Requiren contar con polo menos un dos seguintes requisitos (preferiblemente os dous): experiencia profesional ou formación específica (estudos ou cursos) relacionada co manexo de robots de soldadura.

Ofrecen contrato indefinido, incorporación inmediata e xornada de mañá de 7:00 a 15:00h.

As persoas interesadas que cumpran os requisitos poden enviar o seu currículo ao seguinte enderezo electrónico: [email protected] ou ao 610 431 303 indicando no asunto Operario/a de robot de soldadura.

En novembro volven as xornadas micolóxicas, que volverán ofrecer un interesante curso introdutorio ao mundo dos fungos e...
28/10/2026

En novembro volven as xornadas micolóxicas, que volverán ofrecer un interesante curso introdutorio ao mundo dos fungos e cogomelos dirixido polo experto José Luis Cuba. Só hai 25 prazas dispoñibles (10€/persoa).

Podes apuntarte en [email protected] ata o 24 de novembro... a menos que se esgoten antes as prazas.

Xeoparque Cabo Ortegal

O Concello de San Sadurniño vai reeditar a finais de novembro as exitosas xornadas micolóxicas estreadas o ano pasado, como maneira a medio camiño entre o lúdico e o formativo de achegarse ao mundo do

O pleno, de carácter extraordinario, celebrarase este xoves a partir das 19:30h. Poderedes seguilo ao vivo a través da n...
27/10/2026

O pleno, de carácter extraordinario, celebrarase este xoves a partir das 19:30h. Poderedes seguilo ao vivo a través da nosa canle de Youtube.

O Concello de San Sadurniño celebrará este xoves 29 de outubro, ás 19:30 horas, un pleno extraordinario con dous asuntos principais na orde do día. O primeiro (despois da votación da acta da sesión an

27/10/2026

Xa está aberto o prazo de inscripción para as probas de certificación de competencias dixitais ComDix - Nivel Iniciación.
-DATA DAS PROBAS: 2, 3 e 4 de decembro
-PRAZO DE INSCRICIÓN: do luns 26 de outubro ata o mércores 04 de novembro, inclusive.

Máis información:
-https://cemit.xunta.gal//rede-cemit/novas/axencia-para-modernizacion-tecnoloxica-de-galicia-convoca-novas-probas-para-0
-https://cemit.xunta.gal/gl/convocatorias-probas-de-certificacion-nivel-iniciacion-decembro-2026

O programa inclúe a retirada do único símbolo franquista que queda nun espazo público en San Sadurniño: unha pequena pla...
26/10/2026

O programa inclúe a retirada do único símbolo franquista que queda nun espazo público en San Sadurniño: unha pequena placa da victoria de Franco que se encontra no lavadoiro do Chao de Lamas.

O Centro de Día acollerá un encontro sobre a vida cotiá en San Sadurniño nos primeiros anos da ditadura 0 By San Sadurniño on 26 Outubro, 2026 Novas Portada Trala sesión celebrada en Naraío hai uns días, o proxecto “Enterrar o espírito da guerra e os discursos do odio” continuará desen...

A Academia Galega do Audiovisual e Cultura da Deputación da Coruña teñen en marcha o Ciclo Mestre Mateo, para levar ao r...
23/10/2026

A Academia Galega do Audiovisual e Cultura da Deputación da Coruña teñen en marcha o Ciclo Mestre Mateo, para levar ao rural títulos finalistas e ganadores dos últimos premios do cine galego. Son proxeccións con entrada gratuíta que en San Sadurniño están percorrendo os locais sociais das parroquias durante os sábados de outubro e novembro.

O local social de O Castelo de Narahío acollerá o pase de "Ao son da nova regueifa" (2025), un filme documental dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas que lle rende homenaxe á improvisación, á palabra viva e ao poder da comunidade.

A asociación veciñal servirá uns petiscos ao remate do documental, que dura uns 60 minutos.

Xeoparque Cabo Ortegal

Dirección

Lugar Do Casal 16
A Coruña
15560

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Teléfono

+34981490027

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de San Sadurniño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos