09/11/2026
Desde o Servizo Municipal de Bibliotecas da Coruña queremos felicitar o por estes dez anos de traxectoria. Dez anos celebrando a diversidade e facendo da cultura un espazo para todas as persoas. Dez anos son moito máis ca unha celebración: son dez anos de compromiso, de traballo e de defensa dunha cultura máis diversa, accesible e inclusiva.
Nas bibliotecas públicas cremos que a cultura debe ser un dereito de todas as persoas. Por iso compartimos plenamente os valores que representa o FESTIGUAL. Seguiremos traballando por unha cultura sen barreiras e aberta a todo o mundo.
Parabéns e grazas a todas as persoas, profesionais e entidades que fixeron posible chegar ata aquí. Dez anos creando oportunidades para participar, expresarse e compartir a través da cultura.
Desexámosvos moitos anos máis de arte, diversidade e inclusión. Que sigamos celebrando unha cultura na que todas as persoas teñan o seu lugar.
Parabéns por este décimo aniversario!