Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo

Cómo llegar Página web

Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo Páxina da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo. Con información de eventos, actividades, novidades... Comparte coas túas amizades! :) Desde 1989.

Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo.

📚 Desde a biblioteca de Meicende traémosvos o libro: "Cuando seas feliz, golpea tu primero", de Tatiana Tibuleac, autora...
04/11/2026

📚 Desde a biblioteca de Meicende traémosvos o libro: "Cuando seas feliz, golpea tu primero", de Tatiana Tibuleac, autora tamén do libro "El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes".

Unha nova oportunidade para coñecer a esta escritora e deixarse levar polas suas historias, desas que non se esquecen fácilmente, nas que explora as emocións, as feridas, os vínculos e as contradiccións que nos fan humanos.

Se aínda non a liches, anímate a descubrila! 💚

03/11/2026

Hai invitacións que paga a pena aceptar. E esta vén da man de Caxoto. 😊

Mañá mércores temos unha nova cita cos «Relatos con Caxoto» na Biblioteca Central de Arteixo.

Un encontro de narración oral para persoas adultas, e moi especialmente para as persoas maiores, no que as historias, o humor e a complicidade co público son os verdadeiros protagonistas.

Non fai falta saber de contos nin ter experiencia. Só vir con ganas de escoitar, lembrar, rir e deixarse levar polas historias.

📅 Mércores, 4 de novembro
📍 Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» de Arteixo

📞 Anótate no 981 659 106 ou directamente no mostrador da biblioteca.

Caxoto xa ten preparada a súa mensaxe. Agora falta a túa resposta. 😉

Na súa última publicación, La buena muerte, Pedro Feijoo lévanos ata a Ribeira Sacra. Dous homes mortos en apenas uns dí...
02/11/2026

Na súa última publicación, La buena muerte, Pedro Feijoo lévanos ata a Ribeira Sacra. Dous homes mortos en apenas uns días poñen en marcha unha investigación marcada polos segredos do pasado e polas lendas da zona.
Como acontece noutras novelas, a paisaxe ten un peso específico e convértese nun personaxe máis da historia.
O inspector Mateo Romano será o encargado de levar a cabo a investigación. Para el suporá un reto, xa que terá que regresar ao lugar do que un día fuxiu e enfrontarse a un pasado que cría esquecido.
A través das páxinas desta novela, viviremos unha aventura inimaxinable que nos conducirá cara ao descoñecido.

📚 O próximo mércores, 4 de novembro, temos unha nova cita con Caxoto e os seus «Relatos».Hai moitas maneiras de contar h...
30/10/2026

📚 O próximo mércores, 4 de novembro, temos unha nova cita con Caxoto e os seus «Relatos».

Hai moitas maneiras de contar historias, pero a de Caxoto ten algo especial. A súa narración oral combina humor, ironía, emoción e reflexión, creando unha complicidade co público que fai que cada encontro sexa diferente.

https://palabradebiblioteca.wordpress.com/2026/09/21/relatos-con-caxoto/

Unha proposta de narración oral pensada para persoas adultas, porque as historias non teñen idade e sempre hai algo novo que escoitar, lembrar ou descubrir.

📅 Mércores, 4 de novembro
🕡 Ás 11 h
📍 Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» de Arteixo

📝 Anímate a participar! Podes inscribirte no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 659 106.

Se aínda non coñeces esta maneira de contar, pode ser un bo momento para achegarte.

Agardámoste na biblioteca!

Relatos con Caxoto en outubro, novembro e decembro. Pensadas especialmente para os nosos maiores.

30/10/2026

📢 AVISO: PECHE TEMPORAL DA BIBLIOTECA DE PASTORIZA

Informamos de que este luns, 2 de novembro, a Biblioteca de Pastoriza «Miguel Sande» permanecerá pechada por necesidades do servizo.

📚 A partir do martes, 3 de novembro, retomaremos a actividade no horario habitual, de 16:00 a 20:00 h, de luns a xoves.

Desculpade as molestias e grazas pola vosa comprensión.

🧛‍♂️🧛‍♀️Unha tarde chea de contos, imaxinación e creatividade na biblioteca de Meicende!Tivemos o pracer de recibir a Ad...
28/10/2026

🧛‍♂️🧛‍♀️Unha tarde chea de contos, imaxinación e creatividade na biblioteca de Meicende!

Tivemos o pracer de recibir a Adelaida Pittaluga e Ana Miranda, que compartiron connosco contos marabillosos e ensináronnos a debuxar este simpático vampiro.🎨

Grazas por encher a biblioteca de maxia e ilusión! 🎉🎀

28/10/2026

📢 AVISO: PECHE TEMPORAL DA BIBLIOTECA DE MEICENDE

Informamos de que este venres, 30 de outubro, a Biblioteca de Meicende «Antón Castro» permanecerá pechada por necesidades do servizo.

📚 A partir do luns, 2 de novembro, retomaremos a actividade no horario habitual, de 16:30 a 20:00 h, de luns a venres.

Desculpade as molestias e grazas pola vosa comprensión.

Agardámosvos de novo o luns! 😊

26/10/2026

📚🏡 A BIBLIOTECA DE O FROXEL VOLVE ABRIR AS SÚAS PORTAS!

Temos unha boa nova! 😊 Mañá, martes 27 de outubro, a Biblioteca de O Froxel «Francisco A. Vidal» retoma a súa actividade despois dun período de peche.

Volven os libros, as historias e ese espazo de encontro que é a biblioteca. Agardámosvos de novo!

🕟 Horario de apertura:
De luns a venres, de 16:30 a 20:00 h.

📖 Xa podedes volver achegarvos para ler, levar libros en préstamo ou simplemente g***r da biblioteca.

Vémonos en O Froxel!

"Todas las noches, todas las ciudades", de Dolores Redondo, terceira entrega da serie Los valles tranquilos, é unha nove...
26/10/2026

"Todas las noches, todas las ciudades", de Dolores Redondo, terceira entrega da serie Los valles tranquilos, é unha novela para quen goza das historias de intriga, das tramas complexas, das personaxes que deixan pegada e das reflexións que van máis alá do propio relato.
A novela xoga coa idea de que a realidade e a ficción poden chegar a confundirse, nunha historia na que cada descubrimento obriga a mirar de novo o que criamos saber.
Unha lectura na que nada é exactamente o que parece e cada revelación cambia as regras do xogo.

Bebecontos en Arteixo e Meicende: historias para compartir desde os primeiros anosAs bibliotecas municipais de Arteixo p...
26/10/2026

Bebecontos en Arteixo e Meicende: historias para compartir desde os primeiros anos

As bibliotecas municipais de Arteixo preparan unha nova programación de Bebecontos para os meses de novembro e decembro. Unha proposta para achegar contos, música e imaxinación ás crianzas desde os primeiros anos de vida. Os Bebecontos están dirixidos a crianzas de 1 a 3 anos, que deberán asistir acompañadas dunha persoa adulta. Son sesións pensadas para compartir un tempo en familia, descubrir o pracer dos contos e g***r da lectura en compañía....

As bibliotecas municipais de Arteixo preparan unha nova programación de Bebecontos para os meses de novembro e decembro. Unha proposta para achegar contos, música e imaxinación ás crianzas desde os…

Dirección

Paseo Fluvial, S/n. Centro Cívico Cultural
Arteijo
15142

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Martes 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Miércoles 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Jueves 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Viernes 09:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Sábado 10:30 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos