29/10/2026
♻️ Máis de 150 negocios xa separan o orgánico no Consorcio As Mariñas!
O noso equipo de biorresiduos visitou bares, restaurantes, panaderías e comercios de Sada, Bergondo, Oleiros, Culleredo, Cambre e Betanzos para axudalos a sumarse ao contedor marrón. 🟤
✅ Material adaptado a cada local: cubos de 25 l e colectores de 120 l
✅ Asesoramento personalizado
✅ Case 9 de cada 10 negocios visitados uníronse á campaña
E seguimos! 💪 Nas próximas semanas, o equipo continuará visitando negocios. Se tes un establecemento e queres sumarte, chámanos ao 981 784 704 ou escríbenos a [email protected].
Esta actuación conta co apoio da Xunta de Galicia e está cofinanciada pola Unión Europea – Galicia FEDER 2021-2027.