Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán Conta oficial da Biblioteca Francisco Mayán
📍 Cee

⭐ Lectura do mes de novembro no noso club de lectura para adultas!👉Esta é a súa sinopse: Lía, a protagonista, nai e avoa...
09/11/2026

⭐ Lectura do mes de novembro no noso club de lectura para adultas!

👉Esta é a súa sinopse: Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño.
A pesar dos atrancos da vida, conserva a ledicia e a bondadem a ansia por aprender e superarse, sempre coa lembranza dun idealizado amor de xuventude que a axuda a elevarse por riba da súa propia realidade.

👉E así é como comeza: Vivía do outro lado do río, onde se perde a vista e os pasos dubidan. Era pobre, esquivo por necesidade e desdentado por un golpe do destino. Antes de facer os trece anos xa lles sacaba unha cuarta a todos os rapaces e á meirande parte dos homes da aldea, aínda que a súa ousada estatura non lle traía máis ca pesares. Á falta dun equipo onde puidese brillar como pivote, a súa deserción do país dos ananos supúxolle unha morea de golpes extra e o honor de que o nomeasen varexador oficial de noces e cereixas.

📚 DISPOÑIBLES NA BIBLIO DE CEE! 🤗Xa temos as novidades do Premio Planeta 2026:👉🏻 La hora antes del alba de Isabel Allend...
04/11/2026

📚 DISPOÑIBLES NA BIBLIO DE CEE! 🤗

Xa temos as novidades do Premio Planeta 2026:

👉🏻 La hora antes del alba de Isabel Allende, gañadora.
👉🏻 La añoranza de Sergio Hernández, finalista.

Novidades!!! Contos novos para os peques ⭐
03/11/2026

Novidades!!! Contos novos para os peques ⭐

📚✨ Así vivimos a Semana das Bibliotecas 2026 na Biblioteca Francisco Mayán de Cee!Un ano máis, celebramos que as bibliot...
02/11/2026

📚✨ Así vivimos a Semana das Bibliotecas 2026 na Biblioteca Francisco Mayán de Cee!

Un ano máis, celebramos que as bibliotecas son moito máis ca libros e estantes: son espazos de encontro, aprendizaxe e creatividade. Durante esta semana puxemos en valor a lectura, a cultura e sobre todo ás persoas que dan vida á nosa pequena biblio.

💚 Grazas a todas as persoas que participastes, colaborastes e nos acompañastes nesta celebración.

As bibliotecas públicas están vivas grazas a vós! 📖

02/11/2026
En Brens!
02/11/2026

En Brens!

📚🍂 NOVEMBRO CHEGA CON NOVAS ACTIVIDADES Á AXENCIA DE LECTURA DE BRENS!

A Axencia de Lectura de Brens presenta dúas propostas para que os máis pequenos gocen dos libros, dos contos e dos xogos durante o mes de novembro.

⚠️ PRAZAS LIMITADAS! É NECESARIA INSCRICIÓN PREVIA.
📞 637 400 469
📧 [email protected]

🌰 VENRES 6 DE NOVEMBRO | MAGOSTO DE LIBROS
🕕 18:00 h
📍 Axencia de Lectura de Brens

Contos, lecturas e tradicións de outono.

🧩 XOVES 19 DE NOVEMBRO | OS CREBACABEZAS
🕕 18:00 h
📍 Salón de actos da Casa da Cultura de Brens

Xogos, enxeño e diversión arredor dos libros.

👧👦 Actividades dirixidas a nenos e nenas a partir de 3 anos.

📖 Animádevos a participar e a compartir novas experiencias arredor da lectura!

E para os máis peques… Mañá as 12:00 👇🏼👇🏼 Finalmente será no Auditorio
23/10/2026

E para os máis peques… Mañá as 12:00 👇🏼👇🏼 Finalmente será no Auditorio

HOXE!!!! 20:00 na Biblio‼️‼️
23/10/2026

HOXE!!!! 20:00 na Biblio‼️‼️

Este venres!!
21/10/2026

Este venres!!

En Brens!
20/10/2026

En Brens!

📚🍂 O DÍA DAS ESCRITORAS NA AXENCIA DE LECTURA DE BRENS

A Axencia de Lectura de Brens acollerá unha xornada de lectura e xogos dedicada a dúas escritoras de Cee, coas súas obras de literatura infantil:

📖 Voa saltarín, de Guadalupe Vázquez.
📖 Acuario, de María Canosa.

📅 Xoves, 22 de outubro
🕕 18:00 horas
📍 Axencia de Lectura de Brens
👧🧒 A partir dos 3 anos.

🚨 INSCRICIÓNS . PRAZAS LIMITADAS

📞 637 400 469
📧 [email protected]

🍁 Unha tarde para descubrir historias, fomentar o gusto pola lectura e poñer en valor o talento literario vinculado ao noso concello.

Dirección

Casa Da Cultura. Paseo Do Alcalde Pepe Sánchez, 9
Cee
15270

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 13:30
16:30 - 19:30
Martes 09:30 - 13:30
16:30 - 19:30
Miércoles 09:30 - 13:30
16:30 - 19:30
Jueves 09:30 - 13:30
16:30 - 19:30
Viernes 09:30 - 13:30
16:30 - 19:30

Teléfono

+34607029896

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán:

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros servicios gubernamentales en Cee

Ver Todo