30/10/2026
🎩🐗 A MAXIA, O ROCK E O HUMOR CHEGAN Á ILLA DE AROUSA! 🎸⚡
Este sábado, 31 de outubro, temos unha cita moi especial no Auditorio Municipal da Illa de Arousa coa maxia do Mago Teto e o seu espectáculo «GALEROCK ’N’ MAGIC».
🪄 Unha proposta diferente que mestura maxia, música e moito humor, coa música en directo de Mister Cool e Fer Risco.
📅 Sábado, 31 de outubro
🕖 19.00 horas
📍 Auditorio Municipal da Illa de Arousa
O concelleiro de Cultura, Manu Otero, anima a toda a veciñanza a participar nesta actividade:
«Desde a Concellería de Cultura seguimos apostando por unha programación variada, con propostas diferentes e para todos os públicos. Queremos que a cultura sexa un espazo de encontro, participación e diversión, e espectáculos como o de Mago Teto son unha magnífica oportunidade para g***r da maxia e da música en directo na nosa vila».
A programación incluíu tamén un obradoiro máxico-musical no CEIP Torre-Illa, celebrado este xoves 29 de outubro, no que o alumnado puido achegarse ao mundo da maxia e da música dunha maneira participativa e divertida. Unha actividade coa que tamén queremos levar a cultura ás aulas e achegala aos máis pequenos e pequenas.
Esta iniciativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2027, no marco do apoio á programación cultural vinculada ao Camiño de Santiago e á difusión da cultura galega.
🎶✨ Non perdas esta cita coa maxia, o rock e a ilusión! Agardámoste!