02/11/2026
Vilanova de Arousa rende homenaxe aos seus escritores: celebración do centenario de Tirano Banderas e presentación do seu “paseo literario da fama”. ✒️📖
A tradicional lectura pública dunha obra de Valle-Inclán, nesta ocasión Tirano Banderas, homenaxeou a figura e o legado do escritor vilanovés e conmemora o 160 aniversario do seu nacemento. Ademais, como novidade, presentouse o primeiro tramo do Paseo Literario dedicado aos irmáns Valle-Inclán e Camba.🤩
Vilanova de Arousa honrou esta mañá o seu veciño máis ilustre, Ramón María del Valle-Inclán, con motivo do 160 aniversario do seu nacemento e do centenario da publicación dunha das súas principais novelas, Tirano Banderas, no marco da xa tradicional Semana da Cultura. Unha xornada dedicada a lembrar a figura do pai do esperpento e a seguir recoñecendo o seu legado literario como patrimonio inmaterial da vila.🔝
A lectura pública de fragmentos de Tirano Banderas, con alumnos do CEIP Xulio Camba, IES A Basella e IES Faro das Lúas, e na que tamén participaron o alcalde, Gonzalo Duran Hermida; o concelleiro de cultura Javier Tourís Romero; a concelleira de urbanismo Nuria Morgade e o cronista oficial da vila, Benito Leiro. Seguidamente trsladáronse ata o paseo marítimo para a presentación do novo Paseo Literario, á que se uniron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández e o presidente da Asociación Amigos de Valle-Inclán, José María Paz Gago.✅
A lectura de Tirano Banderas simbolizou unha vez máis o compromiso do concello coa conservación e difusión da memoria de Valle-Inclán, así como coa transmisión do seu legado, principalmente aos máis cativos. Unha lembranza que vai máis aló da efeméride do autor e que reafirma a identidade literaria da vila.📚🎭
Esta vinculación tamén se pon de manifesto coa estrea do Paseo Literario, unha iniciativa que converte un tramo do paseo marítimo nunha homenaxe a catro figuras das letras, dúas parellasde irmáns: Ramón María del Valle-Inclán, Xulio Camba, Francisco Camba e Carlos del Valle-Inclán. O novo espazo conta inicialmente con 8 placas de bronce en homenaxe a estes escritores pero coa intención de incorporar máis autores.👏📜