Vicepresidencia. Deputación de Lugo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Vicepresidencia. Deputación de Lugo Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Vicepresidencia. Deputación de Lugo, Organización gubernamental, Rúa de San Marcos, 8, Lugo.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo xestiona as áreas de Cultura ,Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüistica; de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica; e de Medio Rural, Mar e Mocidade.

⚽  O martes, 10 de novembro, os xogadores do Club Deportivo Lugo estarán asinando camisetas na 📍  praza de San Marcos.A ...
08/11/2026

⚽ O martes, 10 de novembro, os xogadores do Club Deportivo Lugo estarán asinando camisetas na 📍 praza de San Marcos.

A partir das 🕐 17:00 horas os afeccionados e afeccionadas do club poderán achegarse ata o lugar para levar un fermoso recordo da xornada e compartir un anaco con eles.

Promocionamos os produtos de porco celta no Breason de  , cunha cata e maridaxe de petiscos elaborados con carne desta r...
07/11/2026

Promocionamos os produtos de porco celta no Breason de , cunha cata e maridaxe de petiscos elaborados con carne desta raza autóctona e cervexa con Un gusto de rural, un rural degusto

Medio cento de persoas participaron nesta actividade gastronómica coa que arrancou a segunda xornada do festival que, un ano máis, reforzou a programación musical cunha axenda de actividades vinculadas á cultura e ao patrimonio.

Dani García Fdez achegouse á esta sesión gastronómica, unha oportunidade para dar a coñecer os produtos de razas autóctonas á mocidade e seguir ampliando o mercado para as ganderías da provincia que apostan por esta raza autóctona e un sistema de produción ligado ao territorio.

Dani García Fdez asistiu á Gala de Premios AQUÍ Diario onde se recoñeceron iniciativas institucionais, asociativas, depo...
07/11/2026

Dani García Fdez asistiu á Gala de Premios AQUÍ Diario onde se recoñeceron iniciativas institucionais, asociativas, deportivas e empresariais da Mariña e do Occidente Asturiano e se celebraron os vínculos entre as dúas comarcas

O deputado entregou o premio ao Mellor Deportista da Mariña ao futbolista de Andrés Castrín, que recolleu o seu pai. Parabéns a todos os proxectos e persoas premiadas

05/11/2026

📍 O Pazo de San Marcos acolleu un encontro no que se destacou o dinamismo das asociacións e proxectos culturais, ambientais e agrogandeiros das comarcas dos Ancares e do Courel.

Representantes da Asociación Ser, da Cooperativa A Carqueixa, da Asociación de Gandeiros da Fonsagrada Asgafon, de Teitos de Piornedo, da Asociación Corripa, da Asociación Seara Verde, da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel, da Asociación de Defensa das Variedades Autóctonas das Ribeiras do Navia e de Outonía Sociedade Cooperativa Galega participaron na xuntanza na que 🗣️ puxeron en común obxectivos e ferramentas de traballo, así como necesidades que detectan na súa actividade diaria.

🙏 O traballo desenvolvido polas entidades é fundamental para a actividade produtiva, a xestión do territorio e a conservación e promoción do patrimonio cultural e natural das comarcas orientais da provincia de Lugo.

O Festival BreaSon chega este 🗓️ sábado, 7 de novembro, á súa quinta edición!🎶 Contará coa participación de bandas como ...
05/11/2026

O Festival BreaSon chega este 🗓️ sábado, 7 de novembro, á súa quinta edición!

🎶 Contará coa participación de bandas como Ünder & Diego Flâneur, Familia Caamagno, Mercedes Peón ou La Duendeneta; incluíndo tamén outras propostas como as madrileñas Las Petunias ou o grupo navarro Sedientos de Cumbia. Pola tarde, durante o magosto popular, actuarán os grupos tradicionais mindonienses Os Carricantos e Meniñ@s da Mariña.

Tamén haberá dous 🥾 roteiros, unha proxección, unha exposición de ilustracións e unha cata de produtos de porco celta do programa 'Un gusto de rural, un rural degusto'.

📈 Os Orzamentos de 2027 recollerán un incremento dos fondos do Plan Deputación, o principal instrumento de cooperación c...
03/11/2026

📈 Os Orzamentos de 2027 recollerán un incremento dos fondos do Plan Deputación, o principal instrumento de cooperación cos concellos da institución provincial.

O Plan Deputación alcanzará os 25 millóns de euros en 2027, un 12,4 por cento máis que na última anualidade.

👉 Os fondos distribúense en función da poboación, a extensión, a dispersión e o envellecemento. Os propios concellos deciden onde invisten o diñeiro en función das súas necesidades e das demandas da veciñanza.

Nesta liña, permite financiar 🚧 obras e investimentos de competencia municipal e realizar actuacións en diferentes ámbitos, supoñendo un apoio estable para o que se seguen criterios de distribución obxectivos.

📍 Lugo acollerá do 13 ao 15 de novembro o I Encontro Artístico de Canto de Mulleres Galeguía, un conxunto de actividades...
03/11/2026

📍 Lugo acollerá do 13 ao 15 de novembro o I Encontro Artístico de Canto de Mulleres Galeguía, un conxunto de actividades artísticas ao redor do canto popular.

O programa inclúe palestras, obradoiros e 🎶 concertos que promoven o intercambio cultural e artístico entre comunidades de mulleres de Cabo Verde, Brasil, Portugal e Galicia.

Para participar nos obradoiros e actividades é necesario inscribirse previamente. Pódelo facer e consultar toda a información nesta ligazón 🔗: https://www.cultura.deputacionlugo.gal/gl/node/85209

Coa chegada do 🎃  Samaín, o Museo Provincial de Lugo (MPL) convida a redescubrir unha das ilustracións máis vangardistas...
31/10/2026

Coa chegada do 🎃 Samaín, o Museo Provincial de Lugo (MPL) convida a redescubrir unha das ilustracións máis vangardistas e revolucionarias da traxectoria artística de Castelao: a ☠️ caveira co ollo de vidro.

ℹ️ A obra é un linogravado, un procedemento áxil e fluído que o artista descubriu durante unha viaxe de estudos por Alemaña en 1922.

A mostra virtual, titulada "O legado de Castelao no Museo Provincial de Lugo. Arte e Identidade", pódese ver a través desta ligazón 🔗 : https://omeka.redemuseisticalugo.org/s/o-legado-de-castelao-no-museo-provincial-delugo/page/inicio

🎺 O CENTRAD organiza a III edición do Curso de Chirimía, Sacabuche e Percusión Histórica, que terá lugar os días 🗓️ 30 e...
29/10/2026

🎺 O CENTRAD organiza a III edición do Curso de Chirimía, Sacabuche e Percusión Histórica, que terá lugar os días 🗓️ 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.

O programa inclúe formación teórica e práctica, así como unha palestra e un concerto final.

As persoas interesadas en participar pódense inscribir no 📩 correo electrónico [email protected] ou no teléfono 📞 629 421 544.

Desde a Vicepresidencia. Deputación de Lugo trasladamos o noso máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas das v...
28/10/2026

Desde a Vicepresidencia. Deputación de Lugo trasladamos o noso máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas das vítimas do accidente ferroviario ocorrido hoxe en Toledo e o noso apoio e solidariedade ás persoas afectadas.

Dirección

Rúa De San Marcos, 8
Lugo
27001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Vicepresidencia. Deputación de Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Vicepresidencia. Deputación de Lugo:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos