Colegio Oficial de Enfermeria de Lugo

Cómo llegar Página web

Colegio Oficial de Enfermeria de Lugo Página del Ilustre Colegio Oficial de Enfermería de Lugo. Twitter

Delegación Burela:
Tfno 982.585.517

Delegación Monforte:
Tfn 982.242.450

O Comité de Ética Asistencial da Área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos organiza a mesa redonda: “SAÚDE MENTA...
29/10/2026

O Comité de Ética Asistencial da Área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos organiza a mesa redonda:
 
“SAÚDE MENTAL: DESMONTANDO TÓPICOS CLÍNICOS E ASISTENCIAIS”
 
📅️️️️️️04 de novembro de 2026.
📍️️️️️️Auditorio da sede da Deputación de Lugo.
🕐HORA: 17H-19H.
🆓 ENTRADA GRATUÍTA.
 
https://t.me/COELugo/1955

🤝Esta xornada constitúe un dos encontros científicos e profesionais máis relevantes para o colectivo de enfermaría de pr...
28/10/2026

🤝Esta xornada constitúe un dos encontros científicos e profesionais máis relevantes para o colectivo de enfermaría de provincia.
 
🙋‍♀️Un espazo de debate, actualización e posta en común de proxectos destinados a transformar e mellorar a práctica asistencial diaria.

PROGRAMA ℹ️
�https://enfermerialugo.org/archivos/pdfs/PROGRAMA%20XORNADA%2018%20NOVEMBRO%20.pdf

INSCRICIÓN 📝
🔗https://feweb.sergas.gal/FEWEB/DetalleActividade.aspx?CodCurso=32B28E2014A073B9E1B43607D165BED8

‼️PRAZO LÍMITE DE INSCRICIÓN: 31/10/2026

Publicada a revista ENFERMEIR@S Nº 47, indexada nas bases de datos CUIDEN e CINAHL (distribuída por EBSCO). A Revista En...
20/10/2026

Publicada a revista ENFERMEIR@S Nº 47, indexada nas bases de datos CUIDEN e CINAHL (distribuída por EBSCO).
 
A Revista Enfermeir@s (ISSN: 1888-4830; e-ISSN: 3045-5812) é editada polo Ilustre COE de Lugo, é unha publicación en acceso aberto gratuíto que ten como obxectivo principal a difusión da produción científica en enfermaría nas catro competencias ás que alude o título. Enfermeir@s acepta manuscritos en castelán, galego e inglés e conta cun sistema estable de revisión por pares.
 
Na páxina www.enfermerialugo.org dispós de información sobre a publicación, entra en PUBLICACIÓNS → REVISTAS e poderás acceder ás revistas e a información para publicar.
 
Aproveitamos a ocasión para pedirche que participes nela enviando os teus artigos.
 
Subvencionada polo Consello Xeral de Enfermaría dentro do programa de promoción da investigación enfermeira.
 
ACCEDE A REVISTA ENFERMEIR@S
https://www.enfermerialugo.org/revista/index.php/enfermeiraos
 
Se ainda non estás rexistrada, podes facelo rápidamente na pestana REXISTARSE (na parte superior dereita) https://www.enfermerialugo.org/revista/index.php/enfermeiraos/user/register

Por que estudar este curso de formación continuada?O curso «A deontoloxía como requisito de excelencia profesional» perm...
20/10/2026

Por que estudar este curso de formación continuada?

O curso «A deontoloxía como requisito de excelencia profesional» permitirache coñecer o contido do novo Código Ético e Deontolóxico da Enfermeira Española, renovado recentemente en 2026, e afondar nos fundamentos da deontoloxía enfermeira, reforzar o teu compromiso coas persoas, a práctica asistencial e a profesión, así como afrontar con maior seguridade os desafíos éticos que xorden no día a día.

Unha formación práctica e esencial para calquera enfermeira comprometida coa excelencia asistencial, impartida pola Comisión Deontolóxica Nacional de Enfermaría do Consello Xeral de Enfermaría.

Máis ℹ️👇
🔗 https://www.isfos.com/oferta-formativa/formacion-continuada/no-acreditada-online/la-deontologia-como-requisito-de-excelencia-profesional/

Por que estudar este curso de formación continuada?Nun momento no que a información sanitaria circula a gran velocidade ...
20/10/2026

Por que estudar este curso de formación continuada?

Nun momento no que a información sanitaria circula a gran velocidade e a desinformación pode afectar directamente á saúde das persoas, as enfermeiras necesitan desenvolver competencias para comunicar con rigor, claridade e impacto.

O curso axudarache a transformar a evidencia científica en mensaxes comprensibles, reforzar o teu papel como referente de confianza e adquirir ferramentas prácticas para divulgar coñecemento, comunicar en contornos dixitais, relacionarte cos medios de comunicación e achegar a ciencia á cidadanía.

Unha formación para fortalecer a comunicación científica desde a enfermaría e contribuír a unha sociedade mellor informada e máis saudable.

Máis ℹ️👇
🔗 https://www.isfos.com/oferta-formativa/formacion-continuada/no-acreditada-online/divulgacion-y-comunicacion-cientifica-para-enfermeria/

A Academia de Enfemaría de Galicia invítate a presentación do libro: “INTELIXENCIA ARTIFICIAL E ENFERMARÍA” Cómo incorpo...
19/10/2026

A Academia de Enfemaría de Galicia invítate a presentación do libro:
 “INTELIXENCIA ARTIFICIAL E ENFERMARÍA”
 
Cómo incorporar a intelixencia artificial aos coidados?
 
Data: 23 de outubro
Hora: 17:30 h a 19:00 h
Lugar: Salón de actos do Colexio de Enfarmaría de Lugo (Avd. da Coruña 104, entresolo)
PODES VER A PRESENTACIÓN NO CANLE DE YOUTUBE: https://www.youtube.com/live/zJfSYpnCcQc?si=fXXmRuWFDv681Qtl

Dirección

Avenida A Coruna, 104 Entlo B
Lugo
27003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Colegio Oficial de Enfermeria de Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos