Concello do Pereiro de Aguiar

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello do Pereiro de Aguiar Páxina Oficial do Concello do Pereiro de Aguiar (Ourense)

🏡 Un novo espazo para mellorar os servizos á veciñanza da Derrasa!O Concello do Pereiro de Aguiar vén de adquirir un inm...
30/10/2026

🏡 Un novo espazo para mellorar os servizos á veciñanza da Derrasa!

O Concello do Pereiro de Aguiar vén de adquirir un inmoble situado nas inmediacións do local social da Derrasa, co obxectivo de ampliar e mellorar as súas instalacións.

🔹 O edificio será rehabilitado para dispoñer de novos espazos destinados ao almacenamento de materiais e á realización de diferentes actividades, dando así resposta ás necesidades da veciñanza.

✅ Esta actuación permitirá mellorar o funcionamento do local social e, ao mesmo tempo, recuperar unha vivenda situada no centro da localidade, dándolle unha nova utilidade.

🤝 Seguimos apostando pola mellora dos espazos públicos e dos servizos nas nosas aldeas!

29/10/2026

🏡 Seguimos avanzando na mellora dos locais sociais do noso concello!

O Concello do Pereiro de Aguiar continúa colaborando coa Xunta de Galicia na reforma e acondicionamento dos espazos de encontro da nosa veciñanza.

🔨 Este ano, as actuacións benefician os locais sociais de Cortiñas, Ordelles e Boeiros, cun investimento próximo aos 20.000 € en cada un deles, que se completará coa achega municipal.

Os traballos inclúen a mellora e reparación de cubertas e fachadas, así como actuacións no interior dos edificios e nas instalacións eléctricas e de fontanaría.

✅ Nos últimos cinco anos, xa se reformaron ou melloraron máis de 17 locais sociais, cun investimento que supera os 600.000 €.

🤝 Seguimos apostando por espazos máis seguros, accesibles e funcionais para fomentar a convivencia e a vida social nas nosas aldeas.

🖤 O Concello do Pereiro de Aguiar súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en memo...
28/10/2026

🖤 O Concello do Pereiro de Aguiar súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario na provincia de Toledo.

Debido á premura da convocatoria, convidamos a toda a veciñanza a participar na concentración que terá lugar hoxe na Praza Maior de Ourense.

📍 Praza Maior de Ourense
🕗 Hoxe, ás 20:00 horas

Desde o Concello do Pereiro de Aguiar trasladamos as nosas máis sinceras condolencias ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como todo o noso apoio ás persoas afectadas.

VI CONCURSO DE DEBUXOS 25NDende o CIM do Pereiro de Aguiar impulsamos o VI Concurso de debuxos 25N para conmemorar o día...
26/10/2026

VI CONCURSO DE DEBUXOS 25N

Dende o CIM do Pereiro de Aguiar impulsamos o VI Concurso de debuxos 25N para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero.

Este concurso ten como obxectivo promover entre o alumnado e a xente nova co concello o fomento da imaxinación, a creatividade e a observación a través dun
debuxo relacionado coa loita contra a violencia de xénero co propósito de previr, concienciar e sensibilizar da existencia desta lacra social e manifestar de forma activa e interxeneracional a repulsa contra toda manifestación de violencia de xénero.

A participación consistirá na elaboración dun debuxo, viñeta ou slogan que reflicta a repulsa contra todo tipo de manifestación de violencia de xénero.

Para participar no concurso consultar as bases publicadas na páxina web do Concello.

+ INFO: [email protected]; 699 583 252 – 988 032 554

🏀 Licitada a obra de remodelación e mellora do pavillón municipal da Chaira!O noso pavillón dá un paso máis cara á súa m...
26/10/2026

🏀 Licitada a obra de remodelación e mellora do pavillón municipal da Chaira!

O noso pavillón dá un paso máis cara á súa modernización. A obra xa está licitada e permitirá renovar e mellorar as instalacións para ofrecer espazos máis cómodos, modernos e funcionais.

🔨 Que imos mellorar e incorporar?

✔️ Vestiarios renovados
✔️ Corredores reformados
✔️ Un novo ximnasio municipal, unha das demandas máis repetidas pola veciñanza

Esta actuación súmase ás melloras realizadas nos últimos anos, como a eficiencia enerxética, a renovación do aspecto exterior e da pista deportiva.

A obra conta cun investimento de 617.000 euros, financiado pola Xunta de Galicia a través dun dos seus plans estratéxicos.

💡 Volve a luz entre O Encoro de Cachamuiña e o inicio da recta da DerrasaDende onte, o alumeado público deste tramo func...
23/10/2026

💡 Volve a luz entre O Encoro de Cachamuiña e o inicio da recta da Derrasa
Dende onte, o alumeado público deste tramo funciona de novo tras a súa reposición.
A zona quedara sen servizo por un roubo. Foi denunciado e os seus autores xa están detidos.
Pero o dano está feito: repoñer o alumeado custoulle ao Concello 11.000 euros. Diñeiro de todos e todas que deixa de ir a novas melloras para a veciñanza.

Por iso pedimos a vosa colaboración. Se vedes calquera situación sospeitosa, comunicádeo ás autoridades.
Coidar o que é de todos é cousa de todos.

🐉🎭 A diversión e a fantasía chegan ao Pereiro de Aguiar con «O censor de monstros»!Un espectáculo de contacontos da man ...
23/10/2026

🐉🎭 A diversión e a fantasía chegan ao Pereiro de Aguiar con «O censor de monstros»!

Un espectáculo de contacontos da man de Barafunda Animación, no que os monstros e as historias serán os protagonistas. 👹📖

📅 Martes, 27 de outubro
🕡 Ás 18:30 h
📍 Salón de Actos dos Gozos

✨ Agardámosvos para g***r dunha tarde chea de imaxinación e diversión en familia!

20/10/2026

👶💕 Novas axudas á natalidade e adopción no Pereiro de Aguiar!

O Concello do Pereiro de Aguiar aprobou as bases reguladoras da VI convocatoria das axudas á natalidade ou adopción a través da tarxeta «Benvido/a ao Pereiro», correspondente ao ano 2026.

🏡 Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer apoio económico ás familias do noso concello ante a chegada dun novo membro, contribuíndo a facilitar os primeiros gastos asociados ao nacemento ou á adopción.

📄 As bases reguladoras, cos requisitos e a información da convocatoria, xa están dispoñibles para a súa consulta na páxina web municipal.

🔗 Máis información en www.pereiro.gal

Dirección

Plaza Do Concello, 1
Pereiro De Aguiar
32710

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello do Pereiro de Aguiar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello do Pereiro de Aguiar:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos