Castelo de Soutomaior

Cómo llegar Página web

Castelo de Soutomaior Unha fortaleza medieval cun xardín centenario nas .

🏰👻 O Samaín está a transformar o Castelo de Soutomaior nun escenario cheo de misterio, historia e personaxes que parecen...
27/10/2026

🏰👻 O Samaín está a transformar o Castelo de Soutomaior nun escenario cheo de misterio, historia e personaxes que parecen cobrar vida entre os seus muros.

As visitas teatralizadas están a permitirnos descubrir o castelo dunha maneira diferente, a través de historias que nos transportan a outros tempos e nos convidan a mirar cada recuncho con outros ollos.

E aínda quedan dous días para seguir vivindo esta experiencia tan especial: o 31 de outubro e o 1 de novembro, as dúas últimas xornadas de visitas teatralizadas deste Samaín.

As entradas xa están esgotadas, pero a maxia destas visitas continúa. Compartimos algunhas imaxes do vivido ata agora para que poidades achegarvos un pouco máis á atmosfera que está a envolver o castelo estes días.

Grazas a todas as persoas que estades a formar parte desta experiencia!

Hai lugares que non se visitan unha soa vez: percórrense de tres maneiras. En Soutomaior, as sendas atravesan:🌸O xardín ...
24/10/2026

Hai lugares que non se visitan unha soa vez: percórrense de tres maneiras. En Soutomaior, as sendas atravesan:

🌸O xardín de camelias

🍇Os viñedos

🌳O bosque

Son itinerarios que permiten completar a visita patrimonial cunha lectura da paisaxe e da identidade de Soutomaior. Tres ambientes, tres ritmos e unha mesma paisaxe para descubrir sen présa. Cal escollerías hoxe?

Canto sabes de Soutomaior só mirando os detalles? ****Hai recunchos que recoñecemos ao instante… e outros que nos obriga...
22/10/2026

Canto sabes de Soutomaior só mirando os detalles? ****

Hai recunchos que recoñecemos ao instante… e outros que nos obrigan a mirar dúas veces. Neste carrusel propoñémosche tres pequenos retos:

🔎 unha das galerías máis singulares do castelo,

🏰 un detalle para distinguir se estamos no interior ou no exterior,

🌳 e unha das árbores singulares do xardín.

Desliza, mira con atención e comproba cantas acertaches.

As respostas? A **Galería das Damas**, o **interior do castelo** e a **criptomeria (*Cryptomeria japonica*)**.

💬 **Cantas recoñeciches antes de chegar á última imaxe?**

⚔️ No século XV, Soutomaior foi centro de poder e escenario de conflitos.Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido como Pedr...
20/10/2026

⚔️ No século XV, Soutomaior foi centro de poder e escenario de conflitos.

Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido como Pedro Madruga, fixo da fortaleza a súa base de operacións e impulsou a reconstrución tras a revolta irmandiña. Historia, estratexia e unha figura que segue espertando preguntas.

📜 Descubre o seu relato na musealización.

17/10/2026

🏰 Se estas pedras puidesen falar…

Falarían de batallas, de poder, de alianzas e de conflitos. De personaxes que marcaron a historia e de séculos de transformacións que converteron o Castelo de Soutomaior nun dos grandes referentes patrimoniais das Rías Baixas.

As súas orixes remóntanse ao século XII, pero foi durante a Idade Media cando a fortaleza adquiriu un papel protagonista.

Co paso do tempo, o castelo foi mudando de aspecto e de función. Da fortaleza medieval á residencia señorial do século XIX, cada época deixou a súa pegada na arquitectura e nos espazos que hoxe podemos percorrer.

✨ Porque Soutomaior é moito máis ca un castelo para contemplar desde fóra. É un lugar para entrar, explorar os seus recunchos e descubrir as historias que se agochan detrás de cada pedra.

💬 E ti, xa tiveches a oportunidade de percorrer o seu interior?

Outubro cambia o ritmo en Soutomaior 🍂Lembrade que coa chegada do outono, o Castelo de Soutomaior e os seus xardíns estr...
15/10/2026

Outubro cambia o ritmo en Soutomaior 🍂

Lembrade que coa chegada do outono, o Castelo de Soutomaior e os seus xardíns estrean horario de inverno: de martes a domingo, de 10.00 a 19.00 h. Os luns permanecen pechados.
Un novo horario para percorrer a fortaleza, descubrir a musealización e deixar que o paseo continúe entre viñedos, bosque e xardín histórico.

🗓️Garda esta publicación para organizar a túa visita e consulta sempre a información práctica actualizada na web oficial.

08/09/2026

Lanzamos “O Códice da Liberdade”! 🏰

Un videoxogo para descubrir dun xeito único a historia do Castelo de Soutomaior.

O xogo, que foi financiado con fondos , está xa dispoñible na app store de Google e Apple. Disfrutádea!

13/08/2026
10/08/2026

Os Castelos de Soutomaior e Sobroso abren todos os días no seu horario de verán para que sempre sexa un bo momento para visitalos!

Aínda non o fixestes dende a súa reapertura?

Dirección

Castelo De Soutomaior. Rial, S/n
Pontevedra
36691

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 21:00
Martes 10:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 21:00
Jueves 10:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 21:00
Domingo 10:00 - 21:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Castelo de Soutomaior publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos