BNG Sanxenxo

Cómo llegar Página web

BNG Sanxenxo Páxina Oficial do Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo

🗳️O vindeiro domingo 8 de novembro temos o maior encontro  do BNG de cara ás estatatais  do 29 de novembro. O noso terri...
29/10/2026

🗳️O vindeiro domingo 8 de novembro temos o maior encontro do BNG de cara ás estatatais do 29 de novembro. O noso territorio ten que ser representado e tido en conta como se merece e este acto é a oportunidade para escoitar as propostas do Bloque para o país.

🕛Vémonos o 8 de novembro ás 12:00 no Multiusos do Sar en Santiago de Compostela.

28/10/2026
🏘️Hoxe asistimos á sinatura do acordo para a cesión á Xunta do terreo mercado polo Concello en Vilalonga para a construc...
27/10/2026

🏘️Hoxe asistimos á sinatura do acordo para a cesión á Xunta do terreo mercado polo Concello en Vilalonga para a construcción de vivenda pública.
O noso grupo abogou e pelexou, especialmente, dende principio desta nova lexislatura para que Sanxenxo tivera vivenda pública e accesible para toda a cidadanía e así asentar poboación todo o ano.

👏🏽Pronto agardaremos ver feita realidade esta aposta, mais estaremos expectantes en que esta vivenda se atribúa ás persoas do noso Concello con independencia da súa ideoloxía, conviccións e atendendo á súa capacidade económica e non só a persoas nomeadas a dedo, así como abogamos porque o Concello habilite unha oficina para o asesoramento e información a disposición de todas as persoas do noso Concello nesta materia.

🗣️Comezamos a semana coas dúas últimas reunións parroquias: Hoxe ás 20:30 nas Canteiras de Noalla e o mércores  ás 20:00...
26/10/2026

🗣️Comezamos a semana coas dúas últimas reunións parroquias: Hoxe ás 20:30 nas Canteiras de Noalla e o mércores ás 20:00 na Cultural de Dorrón. Acudide!!

🎼 Un aniño máis desfrutando do bo facer de Soalleira. Un pracer!
25/10/2026

🎼 Un aniño máis desfrutando do bo facer de Soalleira. Un pracer!

⁉️En azul celeste as preguntas que fixo o BNG no Congreso nesta lexislatura. O resto de cores son as doutras opcións pol...
19/10/2026

⁉️En azul celeste as preguntas que fixo o BNG no Congreso nesta lexislatura. O resto de cores son as doutras opcións políticas.

🩵En Galiza témolo sinxelo á hora de votar, UN SÓ deputado do BNG fixo que no Congreso se falase e debatise os intereses de practicamente todos os nosos Concellos. Mentras que outras formacións políticas pelexan polas siglas e por perpetuarse no escano, o BNG ten claro que debe responder aos intereses da cidadanía galega.

💪🏽Que non vos enganen, o BNG é o voto útil en Galiza!

💮 SELO DE ‘CALIDADE’ DE TELMO MARTÍN: O IMPORTANTE É CELEBRAR REFORMAS E NON FACER MANTEMENTO☔ O alcalde semella empeñad...
15/10/2026

💮 SELO DE ‘CALIDADE’ DE TELMO MARTÍN: O IMPORTANTE É CELEBRAR REFORMAS E NON FACER MANTEMENTO

☔ O alcalde semella empeñado en facilitar o traballo da oposición. Na primeira das reunións informativas que estamos a celebrar este mes nas parroquias xa nos atopamos cunha das primeiras probas da xestión do PP: o mal estado da Casa de Cultura de Nantes. En xaneiro de 2026, o señor Martín presumía e traía a personalidades da Xunta para montar unha especie de reinaguruación das instalacións, despois de gastar nelas 150.000 euros. Según o Goberno local, abríase unha nova etapa. Porén, nós o que atopamos é un máis do mesmo, con acumulación de humidade, condensación e danos no chan e nas paredes.

🙄 Non pasou nin un ano e a Casa de Cultura de Nantes xa padece estes problemas. O alcalde debería dar explicacións e, sobre todo, actuar dunha vez para acabar con estas deficiencias. Non hai que esquecer que este inmoble é moi utilizado pola veciñanza. Non estamos a falar dun local abandoado ou con falta de uso. Por desgraza, isto non é máis ca unha nova mostra do desprezo e da falta de interese coa que Telmo Martín trata á veciñanza das parroquias do rural de Sanxenxo.

🧱 A premisa do alcalde está moi clara: cemento, formigón, foto de rigor e despois... Abandono absoluto.

😔Dende BNG de Sanxenxo lamentamos profundamente o seu pasamento. Unha aperta ás persoas cercanas e, especialmente, aos s...
14/10/2026

😔Dende BNG de Sanxenxo lamentamos profundamente o seu pasamento. Unha aperta ás persoas cercanas e, especialmente, aos seus familiares da parroquia de Noalla.

⚫️ O Concello de Sanxenxo expresa as súas máis sentidas condolencias e o seu profundo pesar á familia, amigos e achegados da nosa querida veciña Sandra Patiño, Cebola de Ouro 2026.
O seu nome quedará sempre ligado á gran ola de solidariedade que espertou a súa loita, unindo os municipios de Ayora e Sanxenxo. A súa enteireza permanecerá sempre no recordo de toda a corporación local e os seus veciños.
Descanse en paz.

🗣️Lembrade! Comezamos novamente coas reunións que iremos facendo por parroquias. Hoxe toca NANTES. Vémonos ás 20:30 na C...
13/10/2026

🗣️Lembrade! Comezamos novamente coas reunións que iremos facendo por parroquias. Hoxe toca NANTES. Vémonos ás 20:30 na Cultural para escoitar as vosas propostas!💪🏽

Dirección

Sangenjo

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Sanxenxo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos