03/11/2026
🏛️🔨 A Praza do Toural é escenario dunha intervención que contribúe á conservación do patrimonio de Compostela.
🎥 A través deste vídeo, acompañamos a Ángel Panero, arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago, para coñecer de primeira man como foi o proceso da intervención e os distintos traballos desenvolvidos.
🧱 Hoxe, coa actuación moito máis avanzada e sen os andamios que aparecen nestas imaxes, podemos apreciar a evolución dunha obra que pon en valor a importancia do mantemento e da conservación do patrimonio histórico da cidade.
Porque ter é manter.