Consello Da Cultura Galega

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Consello Da Cultura Galega Perfil oficial do Consello da Cultura Galega en Facebook.

O Consello da Cultura Galega é un organismo autónomo de carácter estatutario que ten como obxecto a defensa e promoción da lingua e cultura galegas.

Unimos forzas coa FEGAMP para impulsar a cultura nos concellos galegos.A presidenta  , e o presidente FEGAMP, Alberto Va...
03/11/2026

Unimos forzas coa FEGAMP para impulsar a cultura nos concellos galegos.

A presidenta , e o presidente FEGAMP, Alberto Varela, asinaron o primeiro convenio marco entre ambas as institucións, un acordo que abre unha nova vía de colaboración para coñecer, fortalecer e dinamizar a realidade cultural do territorio.

🗣️ "Os concellos son interlocutores estratéxicos", destacou Dolores Vilavedra, quen salientou que esta colaboración permitirá «radiografar e estudar a realidade galega» e detectar tendencias e necesidades do ámbito cultural municipal.

Pola súa banda, Alberto Varela puxo en valor o papel das administracións locais: "Somos a administración máis próxima á cidadanía e a que máis impulsa a cultura". Ademais, subliñou que o acordo permitirá, especialmente aos concellos máis pequenos, contar co CCG como referente e apoio para as súas iniciativas culturais.

📊 A primeira acción conxunta será o estudo “Cultura no territorio: o ecosistema cultural municipal en cifras”, que abranguerá os 313 municipios galegos e permitirá coñecer mellor as infraestruturas, a actividade asociativa e a dinamización cultural local.

A Sección de Patrimonio pon en marcha un novo ciclo no que aborda como incorporar o pasado no futuro do patrimonio edifi...
02/11/2026

A Sección de Patrimonio pon en marcha un novo ciclo no que aborda como incorporar o pasado no futuro do patrimonio edificado.

Tres debates sobre conservación, transdisciplinariade e regulamentación.
Coa participación de Xunta_c, ICOMOS España, Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Universidade de Vigo e profesionais recoñecidos nestes ámbitos.

📅 9, 16 e 23 de novembro
📍Sede do CCG, Santiago de Compostela

Coordinan: Carlos Amoedo Souto, Rosa Benavides García, Rebeca Blanco Rotea e Teresa Nieto Freire.

https://consellodacultura.gal/todos.php?serie=Foro%20de%20debate:%20Intervir%20no%20patrimonio%20edificado,%20incorporar%20o%20pasado%20ao%20futuro

A presidenta   reuniuse esta mañá co presidente da Xunta de Galicia presidente de honra do CCG, Alfonso Rueda Valenzuela...
30/10/2026

A presidenta reuniuse esta mañá co presidente da Xunta de Galicia presidente de honra do CCG, Alfonso Rueda Valenzuela, no primeiro encontro institucional trala súa toma de posesión.

No encontro, celebrado esta mañá en San Caetano, abordáronse:
- as liñas de traballo que o CCG desenvolverá nos vindeiros anos
- a situación da lingua e o seguimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística
- o impulso do Instituto Rosalía e do Museo das Migracións
- a creación de máis contidos audiovisuais en galego para a mocidade, entre outros asuntos.

Tamén se puxo o foco no desenvolvemento de tecnoloxías en galego que favorezan a accesibilidade e nos novos formatos de programación cultural que o CCG prepara para 2027.

Fotos: Xunta

https://consellodacultura.gal/noticia.php?id=12129&tipo=noticia

🎧 Un 1 de novembro de 1849 naceu en Ourense Valentín Lamas Carvajal. Este ano cúmprense ademais 150 anos da fundación de...
30/10/2026

🎧 Un 1 de novembro de 1849 naceu en Ourense Valentín Lamas Carvajal. Este ano cúmprense ademais 150 anos da fundación de O Tío Marcos da Portela, o primeiro xornal escrito integramente en galego.

Por iso, o Arquivo Sonoro de Galicia recupera unha peza singular: a conferencia que Ramón Otero Pedrayo gravou en 1972, cando o Día das Letras Galegas lle foi dedicado ao escritor ourensán. Otero repasa o pensamento e a obra do autor de Saudades gallegas e envía a gravación a Bos Aires, onde se escoitou no Centro Ourensán, nun acto do Instituto Argentino de Cultura Gallega.

Son case cincuenta minutos que amosan os lazos entre Galicia e a emigración.

👉 Escóitaa aquí:
https://consellodacultura.gal/detalle-material.php?id=110472

✨ Margarita Ledo: unha vida para ampliar os espazos de emancipación“Todo é unha cuestión de toma de posición e co que fa...
29/10/2026

✨ Margarita Ledo: unha vida para ampliar os espazos de emancipación
“Todo é unha cuestión de toma de posición e co que fas contribúes a que se amplíen os espazos de emancipación”.

Con estas palabras, sintetizou o fío que atravesa a súa traxectoria vital, política e creativa, nunha xornada organizada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Entrevista de Mar Mato

Coord. Carme Adán

📚 Mariám Mariño presentou a . Máis de 300 imaxes, documentos e outros materiais para achegarse á súa traxectoria.

🎬 Diferentes especialista achegaron novas perspectivas sobre unha obra que desborda fronteiras entre o cinema, a literatura, o pensamento e o compromiso coa lingua galega.

💬 .carmen destacou a singularidade dunha cineasta que une creación e reflexión teórica e que fixo do cinema unha forma de posicionamento político.

🎥 Xisela Franco puxo o foco na capacidade da súa obra para recuperar memorias e voces silenciadas: «Se non imos cara á conciencia de todo o que se destrúe, non somos capaces de movernos desde a desesperanza cara á esperanza».

📚 Lorena López reivindicou a forza dunha narrativa novidosa e incómoda, que rompeu coas convencións e que aínda precisa de máis lectura e análise crítica. De Mamafé lembrou que era «un bo cachete para o lector acomodado deste país».

✍️ Rosa Aneiros evocou a pegada de Ledo na formación xornalística e na defensa do galego, así como unha docencia «descarada, retadora, suxestiva e provocadora», que convidaba a «ensanchar as marxes» e a observar a realidade sen anteolleiras.

🎬📚 Tereixa Navaza, Eva Veiga, Soliña Barreiro e Adriana Villanueva, percorreron múltiples dimensións dunha muller pioneira: xornalista, escritora, profesora, activista e cineasta.

E peche a cargo de Francisco Castro e Inma López Silva

Fotos: Tere Navarro

Damos voz á protagonista de   e  : Margarita Ledo, en conversa con Mar Mato. E tras delas, Treixa Navaza, Eva Veiga, Sol...
29/10/2026

Damos voz á protagonista de e : Margarita Ledo, en conversa con Mar Mato.

E tras delas, Treixa Navaza, Eva Veiga, Soliña Barreiro e Adriana Villanueva.

🔴En directo

De pioneiras e andainasMargarita Ledo Andión. O punto de vista inv...

A presidenta,  ; a directora do  , Marilar Aleixandre; e a coordinadora da xornada, Carme Adán; abren unha nova edición ...
29/10/2026

A presidenta, ; a directora do , Marilar Aleixandre; e a coordinadora da xornada, Carme Adán; abren unha nova edición de e dedicada a Margarita Ledo.

🔴 En directo

De pioneiras e andainasMargarita Ledo Andión. O punto de vista inv...

28/10/2026

A presidenta comparece na comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para explicar os

📽️ Intervención en directo

Este xoves o   dedica a súa actividade máis especial do ano -a do ciclo   e  - a Margarita Ledo Andión (Outeiro de Rei, ...
28/10/2026

Este xoves o dedica a súa actividade máis especial do ano -a do ciclo e - a Margarita Ledo Andión (Outeiro de Rei, 1951). Xornalista, escritora, promotora de publicacións, activista, pioneira do feminismo, ensaísta, profesora, cineasta e moitas cousas máis….
A sesión titúlase “O punto de vista involucrado no feito”, un título nada casual para unha muller comprometida e unha pioneira en moitos eidos.

Un dos momentos centrais da xornada é a conversa entre protagonista e a xornalista Mar Mato.

A sesión é presencial pero pode seguirse en directo desde o web corporativo e a canle de YouTube.
https://consellodacultura.gal/evento.php?id=202515

26/10/2026

Deixamos aquí o videoresumo dos XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística “Música, orgullo e identidade”, celebrados a semana pasada, nos que participaron unha representación do panorama musical en galego. Artistas como Mini, Xurxo Souto, Guadi Galego, Faia Diaz (De VACAS ), Marta Álvarez (De Ninghures), Hugo Guezeta, Grande Amore, Fátima Pego, Antía Muíño, MØU (Dios Ke Te Crew), xmaseda, O Rabelo, Laura LaMontagne e 9Louro encheron a Facultade de Ciencias da Comunicación - USC e charlaron sobre o poder da música galega como motor de cambio sociolingüístico.

Dirección

Pr. Obradoiro, S/N
Santiago De Compostela
15705

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 19:30
Martes 08:00 - 19:30
Miércoles 08:00 - 19:30
Jueves 08:00 - 19:30
Viernes 08:00 - 19:30

Teléfono

+34981957202

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Consello Da Cultura Galega publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Consello Da Cultura Galega:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos