Casa Xohana Torres

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Casa Xohana Torres Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Casa Xohana Torres, Edificio gubernamental, Casa Xohana Torres, Santiago de Compostela.

A Casa Xohana Torres de Santiago de Compostela é un espazo municipal que ten como prioridade ser un lugar de encontro, debate e reflexión para todas as entidades ou colectivos feministas e de mulleres compostelás.

💜 O invisible dos coidadosQuen coida a quen coida? Os coidados sosteñen a vida, pero moitas veces implican unha carga fí...
03/11/2026

💜 O invisible dos coidados
Quen coida a quen coida? Os coidados sosteñen a vida, pero moitas veces implican unha carga física, emocional e mental que permanece invisible e pouco recoñecida.
Este obradoiro participativo propón un espazo de encontro entre mulleres coidadoras para compartir experiencias, reflexionar desde unha perspectiva feminista e comunitaria e descubrir recursos e estratexias de autocoidado adaptadas á súa realidade.

✨ Con Gloria Lareo, pedagoga, técnica de igualdade e educadora ambiental.

📅 Mércores 18 de novembro
🕕 18:00 a 20:00 h
📍 Casa Xohana Torres
🎟️Inscrición gratuíta: https://eu.jotform.com/220623450131036

O venres 27 de novembro, a Casa Xohana Torres acolle o proxecto "Non as vin, pero sentinas”, promovido por Rexenerando, ...
02/11/2026

O venres 27 de novembro, a Casa Xohana Torres acolle o proxecto "Non as vin, pero sentinas”, promovido por Rexenerando, en colaboración con Daniela Ferrández e Ánxela Lema, co apoio do VIII Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade da Deputación da Coruña.

• 16.00h a 19.00h– GRUPO DE ESTUDOS (primeira sesión). Participación suxeita a inscrición e selección previa (ata o 19/11). Información e inscricións: i.gal/nonasvingrupo
• 19.00h a 20.30h – CONVERSA ABERTA, con Daniela Ferrández e Ánxela Lema. Información e inscricións: i.gal/nonasvinactividades

🎨Autorrepresentación en viñetas: violencia estruturalEste obradoiro creativo propón explorar a autorrepresentación media...
01/11/2026

🎨Autorrepresentación en viñetas: violencia estrutural

Este obradoiro creativo propón explorar a autorrepresentación mediante a ilustración e a creación de pequenas viñetas, empregando a expresión artística para reflexionar sobre as violencias estruturais que afectan ás mulleres e construír narrativas propias.
✨ Con María Lapido, fotógrafa, ilustradora e docente comprometida coa creación de imaxes diversas e coa divulgación da historia das mulleres a través da arte.

📅 Luns 9 de novembro
🕕 19:00 a 21:00 h
📍 Casa Xohana Torres
🎟️Inscrición gratuíta: https://eu.jotform.com/220623450131036

ATENCIÓN, houbo un pequeno cambio na programación de NOVEMBRO na Casa Xohana Torres. O obradoiro "O invisible dos coidad...
31/10/2026

ATENCIÓN, houbo un pequeno cambio na programación de NOVEMBRO na Casa Xohana Torres.

O obradoiro "O invisible dos coidados" pasa a ser o mércores 18 de novembro.

🎟️Inscricións: https://eu.jotform.com/220623450131036 (todas as actividades son gratuítas).

Aquí temos a programación de NOVEMBRO na Casa Xohana Torres. Reserva a túa praza!• Luns 9 de novembro – 19.00h a 21.00h ...
29/10/2026

Aquí temos a programación de NOVEMBRO na Casa Xohana Torres. Reserva a túa praza!

• Luns 9 de novembro – 19.00h a 21.00h – OBRADOIRO "Autorrepresentación en viñetas: violencia estrutural", con María Lapido
• Mércores 11 de novembro – 18.00h a 20.00h - OBRADOIRO "O invisible dos coidados", con Gloria Lareo (A Fada da Aldea)
• Martes 17 de novembro – 18.00h a 20.00h – PROXECCIÓN DOCUMENTAL "Alén dos silencios", de Carmen P.G. Granxeiro
🎟️ INSCRICIÓNS: https://eu.jotform.com/220623450131036 (todas as actividades son gratuítas).

• Venres 27 de novembro - “Non as vin, pero sentinas”, promovido por Rexenerando, en colaboración con Daniela Ferrández e Ánxela Lema.
GRUPO DE ESTUDOS. Participación suxeita a inscrición e selección previa (ata o 19/11). Info e inscricións: i.gal/nonasvingrupo
CONVERSA ABERTA, con Daniela Ferrández e Ánxela Lema. Info e inscricións: i.gal/nonasvinactividades

💜 Tes unha proposta de actividade para a Casa Xohana Torres?Queremos coñecerte! Se tes unha idea para un obradoiro, unha...
28/10/2026

💜 Tes unha proposta de actividade para a Casa Xohana Torres?

Queremos coñecerte! Se tes unha idea para un obradoiro, unha conversa ou outra actividade relacionada coa igualdade, os feminismos ou o benestar, escríbenos a [email protected]

📩 Preséntate, cóntanos en que consiste a túa proposta e contactaremos contigo.

Agardamos as túas ideas! ✨

Os materiais informativos da campaña contra a trata de seres humanos () continúan dispoñibles na Casa Xohana Torres.Pode...
27/10/2026

Os materiais informativos da campaña contra a trata de seres humanos () continúan dispoñibles na Casa Xohana Torres.

Podes solicitalos no noso horario de atención presencial:
🗓️Luns, mércores e venres: 9:45 a 13:00 h
🗓️Martes: 16:00 a 19:30 h

🧠Como deixar de procrastinar?O mércores 28 de outubro a Casa Xohana Torres acolle este obradoiro con Estrella Rebordelo,...
16/10/2026

🧠Como deixar de procrastinar?

O mércores 28 de outubro a Casa Xohana Torres acolle este obradoiro con Estrella Rebordelo, no que exploraremos os mecanismos detrás da procrastinación e aprenderemos ferramentas para afrontala.
Falaremos tamén da súa relación coa síndrome da impostora, a culpa e os mandatos de xénero, combinando reflexión e dinámicas prácticas.

👩‍🏫 Con Estrella Rebordelo, coach certificada, doutora en endocrinoloxía e fundadora de “Investiga tu mente”.

📅Mércores 28 de outubro
🕕19:00–21:00 h
📍Casa Xohana Torres

🎟️Inscrición gratuíta: https://eu.jotform.com/220623450131036

🎨 Acuarela conscienteVolvemos coa segunda edición deste obradoiro práctico no que exploraremos a cor e a auga como ferra...
08/10/2026

🎨 Acuarela consciente

Volvemos coa segunda edición deste obradoiro práctico no que exploraremos a cor e a auga como ferramentas de expresión e calma.💧✨

✨Con Leidy Silva, artista visual e facilitadora de procesos creativos.

📅Martes 20 de outubro
🕕18:00–20:00 h
📍Casa Xohana Torres
🎟️Inscrición gratuíta: https://eu.jotform.com/220623450131036

💃 Danza para corpos acomodadosUn espazo para explorar o corpo e o movemento desde o respecto aos nosos propios ritmos e ...
06/10/2026

💃 Danza para corpos acomodados

Un espazo para explorar o corpo e o movemento desde o respecto aos nosos propios ritmos e posibilidades.

A través de dinámicas individuais e grupais, este obradoiro propón reconectar coa conciencia corporal, favorecer o benestar emocional e descubrir novas formas de habitar o corpo, sen xuízos, modelos corporais normativos nin esixencias de rendemento físico. 💜

✨ Con Elsa Pereira, bailarina e monitora de ioga especializada na investigación das artes do movemento e na exploración do corpo como espazo de creación.

📅Mércores 14 de outubro
🕕18:00–20:00 h
📍Casa Xohana Torres

🎟️Actividade GRATUÍTA. Reserva a túa praza: https://eu.jotform.com/220623450131036

Dirección

Casa Xohana Torres
Santiago De Compostela
15702

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Casa Xohana Torres publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Casa Xohana Torres:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos